Aumentan os perigos polo consumo de alcohol en menores

As cifras indican un repunte dos casos de alcolismo entre os máis mozos. O PSdeG alerta de que as denuncias por consumo e as intoxicacións etílicas están “no récord histórico negativo”. Máis de 2.000 estudantes de segundo curso da USC foron enquisados esta semana no marco dunha investigación sobre este fenómeno.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As denuncias emitidas pola Policía Autonómica relacionadas co consumo de alcohol polos máis novos pasaron de menos de 200 en 2011 a superar as 400 en 2017, un ano no que tamén consolidaron “un récord histórico negativo” as atencións en urxencias de casos de intoxicación etílica: as 363 de 2013 convertéronse en máis de 450.

Consumo de alcol entre adolescentes
Consumo de alcol entre adolescentes | Fonte: Pixabay.

Uns datos que para o PSdeG teñen que chamar á reflexión. Por iso, o deputado socialista Julio Torrado advertiu este martes ao goberno galego de que “non pode abdicar” da súa “responsabilidade” no repunte que está rexistrando o consumo de alcohol entre os menores de idade.

Existe un problema do que o PSdeG xa advertiu hai catorce meses”, dixo Julio Torrado que subliñou que só se desenvolveron as medidas punitivas contidas na lei, e non as pedagóxicas, e “cun descargo de responsabilidade absoluto” cara os concellos, que non teñen os medios suficientes para facelo. 

Por iso, chamou a “afrontar con seriedade” o incremento do consumo de alcohol entre os menores de idade. “Consúmese máis, consúmese antes e en situacións máis problemáticas”, detallou, consciente de que “é para estar preocupado” e de que a Xunta “ten responsabilidade” niso.

INVESTIGACIÓN

Por outra banda, os grupos de investigación en Neurociencia Afectiva e Cognitiva (NECEA) da Facultade de Psicoloxía e de Epidemioloxía e Saúde Pública da Facultade de Medicina realizaron esta semana unha continuación das investigacións que  comezaron en 2005. Trátase de realizar un estudo centrado nos factores explicativos e nas consecuencias cognitivas, académicas e sobre o comportamento asociadas ao patrón de consumo intensivo de alcohol (binge drinking).

Botellas de alcol nun bar
Botellas de alcol nun bar

O estudo comezou co seguimento da Cohorte Compostela 2005, na que participaron máis de 4.500 estudantes e dos que boa parte colaboraron ata en sete ocasións: na aula, nos laboratorios da Facultade de Psicoloxía, por teléfono, por correo electrónico ou no propio hospital. Agora lanzan o seguimento da Cohorte Compostela 2016, dirixida a 2.000 estudantes de segundo curso da USC, que recibirán un correo electrónico para continuar a investigación. 

O seguimento destas cohortes ven recibindo financiamento continuado dende o ano 2005 por organismos como o Plan Nacional sobre Drogas, o Fondo de Investigación Sanitaria e o Plan Nacional de I+D.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Si... Despois rómpense espellos de coches de cidadáns que teñen que ir traballar ao día seguinte e tal... Cómpre moderación.