Temas: XUSTIZA MULLER

As mulleres ocupan máis da metade da carreira xudicial en Galicia

A idade media do total de xuíces e maxistrados galegos sitúase en 49,1 anos e a antigüidade, nos 17,8

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

As mulleres supoñen o 58,3 por cento dos membros da Carreira Xudicial na Comunidade Autónoma de Galicia. A idade media deste segmento é de 46,4 anos e cunha antigüidade de quince anos de carreira. Isto di o 'Informe sobre a Estrutura da Carreira Xudicial' publicado este mércores pola Sección de Estatística do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) con datos dispoñibles a 1 de xaneiro deste ano. O informe apunta que dos 343 xuíces e maxistrados en activo en Galicia, 200 son mulleres  e 143 homes, o 41,7%. Outros datos a ter en conta é que do total de xuíces e maxistrado en activo, catro sitúanse entre os 20 e 30 anos; 68, entre os 31 e 40; 128, entre os 51 e 60; e 46, entre os 61 e 70 anos.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas | Fonte: Europa Press

A presenza de xuízas e maxistradas nos órganos xudiciais en Galicia, hai que dicir que son maioría en todos salvo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Aí temos 28 homes fronte a 11 mulleres. En Audiencias Provinciais 35 fronte a 25, en xulgados do Contencioso-Administrativo 9 fronte a 7, en xulgados de Vixilancia Penal dúas fronte a unha e en xulgados do Mercantil tres fronte a dous.

En concreto, hai 11 xuízas no TSXG ; sete de adscrición territorial ; 25, en Audiencias Provinciais; 12, en xulgados do Penal; sete, en xulgados do Contencioso-Administrativo; 16, no Social; unha, en Vixilancia Penal; catro, en xulgados de Menores; 56, en xulgados de Primeira Instancia e Instrución; 35, en Xulgados de Primeira Instancia; 21, en xulgados de Instrución; dous, en Rexistro Civil exclusivo único; dous en xulgados do Mercantil. Curiosamente só hai unha en xulgado de Violencia sobre a Muller.

DATOS ESTATAIS

En España, as xuízas e maxistradas en activo supoñen o 53,2 por cento da Carreira Xudicial, segundo o 'Informe sobre a Estrutura da Carreira Xudicial' do CGPJ. Hai unha década, as 2.065 xuízas e maxistradas entón en activo eran o 46,8 por cento dos membros da Carreira Xudicial. Desde entón, a súa presenza incrementouse ano a ano, superando por primeira vez aos seus compañeiros homes ao longo de 2012, segundo o informe publicado con datos do 1 de xaneiro de 2013.

A día de hoxe, as mulleres son maioría en dezaseis comunidades autónomas excepto en Aragón, Murcia e Navarra. Tamén é minoritaria a súa presenza nos órganos centrais como Tribunal Supremo e Audiencia Nacional. A Comunidade Autónoma con maior proporción de xuízas e maxistradas é o País Vasco, onde supoñen o 60,5 por cento do total. No outro extremo sitúase a Rexión de Murcia, onde en calquera caso representan xa o 45,1 por cento.

En canto aos órganos centrais, a presenza feminina segue sendo minoritaria: un 27,4 por cento. No Tribunal Supremo as mulleres supoñen o 14,5 por cento dos seus maxistrados e na Audiencia Nacional acadan un 38,5 por cento.

IDADE E XULGADOS

A media de idade dos xuíces españois é de 50,1 anos, e a súa media de antigüidade na Carreira Xudicial sitúase en 18,9. Elas son máis novas con 47,6 anos de media fronte aos 52,9 anos dos homes. As xuízas teñen menos antigüidade que os seus compañeiros, 16,7 anos de media fronte aos 21,4 anos deles.

O 71,4% dos titulares de Xulgados de Violencia sobre a Muller en España son xuízas ou maxistradas, que tamén son ampla maioría nos xulgados de Primeira Instancia e Instrución, os xulgados de Menores e os xulgados do Penal. No outro extremo, os xulgados do Mercantil son os órganos unipersonales con menor presenza feminina, situación que tamén se dá nos xulgados do Contencioso-Administrativ.

As mulleres tamén son minoría nos órganos colexiados, xa que representan o 37,6 por cento dos maxistrados das Audiencias Provinciais e o 36,2 por cento dos destinados en Tribunais Superiores de Xustiza.

Temas: XUSTIZA MULLER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta