A presión xudicial e a detención de Puigdemont avivan a tensión en Cataluña

Os Comités de Defensa da República encabezan as reaccións. Manifestacións e cortes nas estradas e autovías en sinal de protesta polo procesamento dos políticos independentistas. O corresponsal de GC, Martín Vaz, acompañou a un grupo de manifestantes durante as accións deste martes que bloquearon as principais arterias de comunicación de Cataluña. "A xente está pedindo o restablecemento dun goberno lexítimo, e os dirixentes están facendo un baile de cadeiras", aseguran. Crónica e fotos no interior.

Por Martín Vaz | Barcelona | 28/03/2018 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

Dende que o pasado domingo detiveran na rexión alemana de Schleswig-Holstein ao expresidente da Generalitat, Carles Puigdemont, sucédense as protestas e concentracións convocadas polos chamados Comités de Defensa da República (CDR). Estes comités de veciños naceron para defender o referéndum do pasado 1 de outubro, e vense agora reformulados nesta nova etapa do 'procès'como a vanguardia da resposta independentista ao encarceramento dos seus parlamentarios.

Os antidisturbios dos Mossos controlan as manifestacións do Comité de Denfesa da República
Os antidisturbios dos Mossos controlan as manifestacións do Comité de Denfesa da República | Fonte: Martín Vaz

O domingo pasado sucederon ao tempo diferentes concentracións en toda Cataluña, diante do cárcere de Neumünster onde está agora mesmo Puigdemont e tamén en Bruselas. A concentración que tivo lugar diante da Delegación do Goberno de Barcelona foi especialmente turbulenta, saldándose cun total de 90 feridos, dos cales 22 eran Mossos d'Esquadra.

O martes comezou con cortes nos accesos a Barcelona, na AP-7 á altura de Figueres, na estrada N-340 en Alcanar e na N-II  en Hostalet de Llers, con grupos de persoas convocados polos CDR que interrumpiron a circulación durante unhas horas, ata a chegada dos antidisturbios da Brimo e a ARRO catalanas.

A partir das 6 da tarde comezou o cerco a estación de Sants en Barcelona, con arredor de 500 persoas rodeando o perímetro da terminal, previamente blindada por unha decena de furgóns policiais. Os manifestantes, convocados tamén polos diversos CDR dos barrios de Barcelona, marcharon pacíficamente durante un kilómetro dende a praza Campeiro ata a estación de Sants, onde comezaron a entoar cantos contra a violencia dos Mossos e o xa célebre 'prensa española, manipuladora'.

"TRATAMENTO INXUSTO" DO ESTADO

Na chegada á estación respirabase relativa tranquilidade. "Direiche o que vai pasar, daremos un par de voltas a estación e marcharemos para a casa'', dicialle un manifestante a outro. Álex, que leva dende a fin de semana asistindo ás concentracións, recalca o carácter pacífico desta concentración: "Viñemos protestar polo que consideramos que é un tratamento inxusto por parte do Goberno español, que se nega a dialogar cun pobo pacífico", comenta ao mesmo tempo que se desmarca dos altercados do pasado domingo.

Manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña
Manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña | Fonte: Martín Vaz

Nun momento alguén lanza uns sobres de pintura sobre os antidisturbios que gardan a estación, quedando os uniformes tingidos dun polen amarelo que deu en representar gráficamente a chegada da 'primavera catalana', como se coñece nas redes sociais esta vaga de protestas encabezadas polos CDR.

Ao tempo, as proclamas van subindo de tono, e por enriba da masa de asistentes emerxe unha urna de plástico, certificado xa o seu estatus de icona pop. Por suposto, tamén esteladas, pancartas electorais e unha gralla (frauta de madeira folclórica) que se tradicionalmente marca o ritmo de ascenso dos 'castellers' agora guiaba os pasos dos manifestantes interpretando Els segadors, ou L'Estacade Lluís Llach. Os coreos independentistas só se vían alterados polas réplicas dalgún viandante contrario á protesta ou a presencia de televisións nacionais, percibidas como o mal.

"BAILE DE CADEIRAS" ENTRE OS DIRIXENTES

"Lamentablemente, os políticos catalans están sumidos nunha especie de limbo" comenta decepcionado Jordi, un membro do CDR de Sant Vicents dels Horts, o barrio barcelonés de Oriol Junqueras. "A xente está pedindo o restablecemento dun goberno lexítimo, e os dirixentes están facendo un 'baile de cadeiras', poñéndose uns no sitio dos outros, pero realmente non están chegando a ningunha conclusión", prosegue Jordi, que recoñece que o independentismo non soubo xestionar os acontecementos posteriores á proclamación da república.

Ao preguntarlle se o parlamento catalán dará investido presidente a Puigdemont, contesta que o ve improbable, "As dúbidas de Esquerra Republicana non van facilitar nada o asunto", conclúe antes de ser interrompido por outro manifestante, que lle indica onde será a seguinte concentración.

Manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña
Manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña | Fonte: Martín Vaz
Protestas do Comité de Denfesa da República na Estación de Sants en Barcelona
Protestas do Comité de Denfesa da República na Estación de Sants en Barcelona | Fonte: Martín Vaz
Antidisturbios dos Mossos tentan cortar as protestas dos manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña
Antidisturbios dos Mossos tentan cortar as protestas dos manifestantes do Comité de Denfesa da República nas protestas en Cataluña | Fonte: Martín Vaz
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Máis porra e menos chistorra

Se sacaran a porra e se deixaran de tantas lerias acabábase a tontería nun tris...panda de anacletos fascistas catalufos.

1 José

Ali Baba e os corenta ladróns que forman o PP e os estómagos agradecidos de xente coma ti sí que estades cheos de chistorra, saevos polas orellas

1 nostrus

Hoxe foi o colmo e o Parlamemnto de Cataluña otorgouse arbitrariamente a facultade de sacar e meter a xente no cárcere. Logo dirán que o poder lexislativo se entromente no poder xudicial.