Temas: LOBO CAZA

Investigan a morte por disparos dunha nova loba en Coristanco infrinxindo a Lei de Caza

Os axentes medioambientais, que investigan o acontecido, lembran que non existen reclamacións nos últimos anos na zona a causa de danos producidos por esta especie que é a única que lle fai fronte ao único depredador, o xabarín.

Por Galicia Confidencial | | 28/03/2018 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Os axentes medioambientais do Distrito II (Bergantiños-Mariñas Coruñesas) investigan a morte por disparo dunha loba no lugar da Rabadeira, na parroquia de San Mamede de Seavia, no concello coruñés de Coristanco. O cadáver foi retirado o pasado sábado 24 e presentaba mostras evidentes de que a morte se debeu a un disparo. Con este xa é o tereceiro caso de lobos que aparecen asasinados e abandonados.

O cadáver dunha loba atopado con disparos en Coristanco
O cadáver dunha loba atopado con disparos en Coristanco | Fonte: Axentes Forestais

Os feitos constitúen diversas infraccións á Lei de Caza de Galicia. De feito, os axentes recolleron na zona os indicios que poidan permitir dar co autor destes feitos. Sgundo informan, o disparo, presuntamente, efectuouse na zona de seguridade próxima ás vivendas do lugar da Rabadeira e en dirección a unha estrada. 

O colectivo profesional que ten o cometido de preservar a flora e a fauna lembra que está prohibido abater un lobo sen a correspondente autorización. Ademais, destaca que non é tempada de caza. 

O LOBO, O ÚNICO QUE PODE PARAR AO XABARÍN

Segundo a información dispoñible, non existen reclamacións nos últimos anos na zona a causa de danos producidos por esta especie, polo que non hai ningunha xustificación para este suceso. Os axentes medioambientais sinalan que este animal é o único preeiro que pode controlar a poboación de xabarín, que si ocasiona danos nos cultivos agrícolas da zona. 

Lobo abatido en Coristanco
Lobo abatido en Coristanco | Fonte: Axentes Forestais

“Ademais do disparo que supostamente causou a morte da loba, o cadáver presentaba varios orificios nas patas traseiras coa apariencia de ser ocasionados por perdigóns. Non obstante, son dunha ocasión anterior á data da aparición do cadáver”, indican os axentes.

Á espera dos resultados da necropsia, os axentes medioambientais solicitan a colaboración cidadá para que calquera persoa que teña algún dato do suceso se poña en contacto do Distrito II da comarca de Bergantiños ou que acuda á oficina comarcal do distrito ambiental, situada no edificio Fórum de Carballo.  

Temas: LOBO CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta