Xuíces decanos galegos apoian ao maxistrado Llarena nas súas decisións sobre Cataluña

O apoio chega logo de que aparecesen pintadas na vila de Das, onde o xuíz ten unha vivenda. Tamén apareceu nas redes sociais a localización da vivenda da súa muller.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/03/2018 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Os Xuíces Decanos de España asinaron un documento no que subscriben os comunicados que emitiron xa outras instancias xudiciais. Así o Consejo General del Poder Judicial, as Asociaciones Judiciales e profesores da Escuela Judicial, mostraron o seu apoio ao xuíz Pablo Llarena, instructor da causa que se segue contra o “Procés” catalán.  Entre os xuíces que asinan este comunicado de apoio están os decanos de Vigo, Ourense, a Coruña e Lugo.

O xuíz Pablo Llarena
O xuíz Pablo Llarena | Fonte: RTVE

As mostras de apoio por parte dos diferentes corpos xurídicos do Estado ao xuíz Pablo Llarena, prodúcense logo de apareceren pintadas contra Llarena na súa casa na vila de Das en Girona. Así mesmo, nas redes sociais tamén apareceu a localización da vivenda da muller do xuíz instructor.

Ademais, os Xuíces Decanos estenden o seu apoio a toda a comunidade xudicial en Cataluña. Tamén lembran que o principio de separación de poderes e a independencia do Poder Xudicial son a base do estado democrático.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Así seguimos nesta democracia "legalista", democracia empobrecida e empobrecedora, na que, como moi ben explica o profesor Sánchez-Cuenca, confúndese Estado de Dereito e democracia, e subordínase sempre o principio democrático á legalidade, ao contrario do que sucede noutras democracias, como a canadiense, nas que impera o principio democrático... http://ctxt.es/es/20180321/Politica...

1 urco

O de apoiarem o direito furtado por Llarena ao povo catalám de elegerem ao deputado que lhes pete é algo que nom ofende à ética destes salvadores de pátrias, nom é? Cam nom come carne de cam, o seu único credo "democrático".