Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario e orgánico de En Marea, Luís Villares, pediu a dimisión de Paula Quinteiro por "responsabilidade cos compromisos éticos" da formación rupturista. A parlamentaria viuse metida nun altercado coa Policía en Santiago na madrugada do 18 de marzo, cando chegou a esgrimir a súa identificación de deputada, o que constitúe, para Villares, "un uso indebido" da súa condición como cargo público.

Luis Villares na súa presentación como candidato ás primarias de En Marea
Luis Villares na súa presentación como candidato ás primarias de En Marea | Fonte: EP

Villares compareceu ante os medios logo de case dúas semanas de silencio desde que saltou á luz o caso da deputada —inscrita de Podemos e afín á corrente Anticapitalistas—, a pesar da crise interna que abriu un cisma entre o órgano político de En Marea (o Consello das Mareas) e o grupo parlamentario, no que, á súa vez, tamén existen diferentes posturas sobre a asunción de responsabilidades de Quinteiro.

O maxistrado en excedencia remarcou que a súa petición é unha "opinión persoal" que desliga do seu papel como portavoz do grupo parlamentario. Deste xeito, argumentou que debe ser Quinteiro quen asuma "as responsabilidades" dos feitos nos que se viu involucrada e que, segundo Villares, supoñen "un uso indebido da súa condición de parlamentaria nun ámbito privado", o que vai en contra dos "valores" da formación rupturista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 Villares dimisión!

La Voz de Galicia ao resgate do piñeirismo Villarista "de orde, constitución, e misa de domingo" organizando plebiscitos (¡ou ela ou eu!) e sacando normas da manga para tentar colocar a seu amigo Hermida Sempre, claro, coa axuda inestimable deste este panfleto dixital. ¡Esta caza de bruxas non pasará!

1 eusi

Claro oh! Foi Hermida o q fixo a mamarrachada de meneca de papá despeluxada q xoga a anticapitalista: 'Non as fagas non as temas'. Se non vos gusta o sistema das mareas liscade buscabro cas!

8 Próculo

7 Fidalgo Chantada

O único capaz de arranxar esta situación e Palleiro de Chantada, un home experto en batallas internas e amigo do enemigo común. Ánimo Palleiro ti podés.....

6 Xan do Can

As nenas tontas e mimadas non son exclusivas do Partido Podre, onde abondan e nadan entre a mafia corrupta. Hai figurantes e postureo en todos os partidos e partidas (o PsoE é un niño de ratas chuponas, Ciudadanos o raposeiro alternativo para os neofascio sen escrúpulos), e moito vividor da política profesional (tamén no BNG, comezando pola lideresa). No caso de Podemos cheira que fede, Pam da noxo, Quinteiro provoca náuseas, Yoli nunca asumiu responsabilidades!!! Adiante Villares, limpa as Mareas de figurantes irresponsables e maleducados!!! Na política estase para servir aos demais, non para beneficio propio e menos para rir dos cidadáns!!!

1 eusi

Ben falado!

2 La pastillita loqui

Que pasa loquito te dececionastes con el podemos tu eres mas de Louzan eh

5 Gallego

Las cosas hay que entenderlas en su contexto. Villares tiene cierta dignidad y otro empleo fijo bien remunerado obtenido con su esfuerzo. La Paula es una persona muy limitada con empleo anterior precario. Lo único que pido es que aviséis cuando el hombre de Paula vuelva a salir de farra por Compostela para no dejar el coche aparcado cerca de los lugares por los que merodea con su banda.

1 Noroeste

É interesante saber se caso Villares dimitir -como quere TODO o mundo mareado, desde podemitas ata os alcaldes-baróns que o puxeron a dedo- podería volver de inmediato ao seu emprego ou quedaría uns meses ou anos no que queda de lexislatura sen 4000 euros e chofer. A excedencia por canto a pediu? E inmediata a reincorporacion ou non queremos sabelo

2 rizón

Sería coma o caso de Ana Pontón, non tivo outra nómina na súa vida que a do Parlamento, e xa leva aniños

3 sermos mantidos

Ana Pontón, o problema desta samesuga non é o que leva mamado (favores que se agradecerán), o asunto será saber o que aspira a seguir chuchando no BNG ou no psoE. Que unha vez subida na burra e acostumada ao caldiño quente con graxa xa non hai quen lle tire o vicio e virará a chaqueta para seguir pisando moqueta vermella...

4 tomarnos la pastillita

Y Lores con sus toros que no te deja aparcar en la acera y echo a tu amigo Louzan de la diputación loquito