Temas: PARO

O paro baixa en marzo en 3.104 persoas en Galicia

A baixada foi sensiblemente superior á do conxunto do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2018 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en marzo en Galicia en 3.104 persoas, un 1,65% con respecto a febreiro, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

O paro baixa en marzo en Galicia
O paro baixa en marzo en Galicia | Fonte: Europa Press

Nos últimos 12 meses, o descenso do desemprego na comunidade galega alcanza as 24.953 persoas, o que representa unha rebaixa interanual do 11,88%.

No conxunto estatal, en variación mensual, o descenso foi de 47.697 desempregados, do 1,4%, animado principalmente polo sector servizos, que adoita coller impulso coa celebración da Semana Santa.

Temas: PARO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Quenlla

En promedio, con respecto a Febreiro, Galicia aumentou 6395 cotizantes á Seguridade Social. A Coruña aumentou 2887 cotizantes, Lugo aumentou 767 cotizantes; Ourense aumentou 454 cotizantes, e en Pontevedra hai 2287 cotizantes máis á Seguridade Social. En Galicia hai 31646 cotizantes menos que no mes de Marzo do ano 2006. https://bit.ly/2q5c3iO