GC Aberto

Universitarios galegos recibidos polo Papa Francisco

Participan en Roma nun congreso internacional, o Foro UNIV´18. Entre as actividades que levaron a cabo destacou un encontro co Embaixador de España ante a Santa Sé, Gerardo Bugallo Ottone, que recibiu ao grupo galego na sede da Embaixada.

Por CMEstila | GC ABERTO | 04/04/2018

Comparte esta noticia

O grupo de universitarios galegos do Colexio Maior La Estila, presentou varios relatorios e traballos neste Congreso, tras ser seleccionadas nunha fase rexional previa. Tiveron tamén a oportunidade de visitar os principais museos e basílicas da cidade, participar nun encontro co Papa Francisco no Vaticano, e mesmo ser recibidos no Palazzo dei Spagna, sede da delegación diplomática española ante a Santa Sé, polo embaixador Gerardo Bugallo Ottone, quen mostrou aos visitantes galegos os tesouros culturais que se gardan nesta Embaixada, a máis antiga do mundo que data de 1647.

Estudantes da Estila na súa viaxe a Roma
Estudantes da Estila na súa viaxe a Roma

O Foro UNIV é un foro internacional de diálogo, aberto e plural sobre as principais cuestións que afectan á persoa e á sociedade do noso tempo. Un punto de encontro para a comunicación e o debate universitario. En definitiva, un foro multidisciplinar de diálogo permanente. A organización xeral a nivel mundial corresponde ao Instituto per a Cooperazione Universitaria (ICU), entidade sen ánimo de lucro, fundado por algúns docentes italianos en 1966. Ao longo destes anos participaron máis de 100.000 universitarios, procedentes de 100 países distintos.

Desde fai dezasete anos, son máis de 400 as universidades de procedencia. Na última edición algúns dos países participantes foron: Albania, Brasil, Camerún, Polonia, Xapón, Líbano, Palestina, Taiwan, Uganda, Filipinas, Venezuela, Zaire

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta