Temas: PENSIóN FACENDA

Os pensionistas consideran un “insulto” que o Goberno fale de orzamentos sociais

Convocan mobilizacións para o 16 de abril nas que pedirán a suba das pensións segundo o IPC real.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/04/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A xuntanza deste pasado martes en Compostela do Movemento en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN Compostela) acordou continuar coas mobilizacións. O día 16 de abril está convocada unha nova xornada de manifestacións en todo o estado por parte da Coordenadora Estatal de Pensionistas (COESPE).  Nesa mesma reunión de onte entre pensionistas e outros sectores sociais, como mocidade e traballadores, considerouse un éxito absoluto a manifestación do pasado 17 de marzo.

Pensionistas
Pensionistas | Fonte: Ministerio de Emprego.

A semana previa ao 16 de abril abriranse mesas informativas para dar a coñecer os diferentes puntos  que defenderán ese día. Entre eles a xubilación aos 65 anos, recuperación do subsidio para maiores de 52 anos, pensión mínica de 1.080 euros como fixa a Carta Social Europea e a revalorizacón automática en función do IPC real. Para isto reclaman a eliminación do “factor de sostenibilidade” ou control do gasto público por parte do goberno central.

Logo do anuncio da suba das pensións nos orzamentos xerais do estado, consideran que este incremento é un “insulto” como manifestaron a través dun portavoz. Aínda máis se os venden como os orzamentos máis sociais do goberno. Consideran que as contas presentadas polo ministerio de Facenda non garanten o sistema de pensións tal cal se están desenvolvendo e de cara ao futuro. Ven perigar o sistema mentres se continúe co actual réxime laboral de “precariado” co que non é posible garantir unhas pensións dignas para o futuro dos actuais traballadores e traballadoras.

Na xuntanza que se celebrou en Santiago de Compostela participaron sectores sociais como traballadores autónomos, por conta allea, xente nova como estudantes e outros colectivos. “Sobre todo pensando que son os colectivos que estarán máis afectados no futuro cos actuais recortes”.

Temas: PENSIóN FACENDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta