Caídas de postes e árbores e anegamentos en rúas polo temporal

O vento e as choivas provocan diversas incidencias en todo o país. A provincia de Pontevedra, a máis afectada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2018 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

O temporal de forte vento e as choivas provocaron diversas incidencias en Galicia, entre as que destaca a caída de postes da luz e árbores, así como anegamentos en rúas. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, desde a pasada medianoite até as 10,30 horas deste mércores principalmente recibíronse avisos por caída de postes da luz e cables, así como de polas e árbores e algúns anegamentos.

Efectos do temporal en Santiago
Efectos do temporal en Santiago | Fonte: Europa Press

En concreto, as mesmas fontes de emerxencias indicaron que a provincia de Pontevedra foi onde máis incidencias deste tipo se rexistraron entre a noite do martes e as primeiras horas da mañá deste mércores.

Entre outras, destacaron anegamentos no carril esquerdo da estrada PO-11 dirección Marín, así como bolsas de auga en zonas do municipio de Pontevedra.

Mentres, en Quiroga (Lugo) rexistráronse desprendementos de pedras e terra en estradas. En xeral, o 112 Galicia destacou que se tratou de "poucas incidencias" en toda Galicia.

No caso de Santiago de Compostela, como sucedeu noutras localidades, os Bombeiros tiveron antes das 22,00 horas do martes diversas chamadas por sumidoiros desbordados e anegamentos en rúas como en Vidán, no Polígono do Tambre e San Lorenzo.

Ademais, fontes municipais apuntaron inundacións na zona do Burgo das Nacións, onde o lago do Auditorio de Galicia se desbordou por mor das choivas. Na capital galega tamén operarios procederon a reparar semáforos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta