Temas: LEITE CONSUMO

A Axencia de Control Alimentario impuxo 140 sancións ao sector lácteo galego

O sector acapara a metade das multas en España, con ausencia de contratos e incumprimentos de pago entre as principais infraccións.

Por E.P. | Santiago | 05/04/2018 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

A Axencia de Información e Control Alimentario (AICA) impuxo un total de 162 sancións a 30 empresas galegas por un importe superior a 164.000 euros. A industria acapara 145 multas, das cales 140 pertencen a compañías lácteas, tres a adegas e dúas no sector oleícola. A AICA realizou desde o inicio da súa actividade fai catro anos un total de 438 inspeccións de oficio en Galicia, das cales o 93% corresponden ao sector lácteo.

Vacas de leite
Vacas de leite

En rolda de prensa na Coruña, o director da AICA, José Miguel Herrero, acompañado polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, fixo un balance das inspeccións e sancións do último exercicio e deu a coñecer os plans de actuación para 2018. Até 2017, AICA realizou 438 inspeccións de oficio na Comunidade galega, das cales o 93%, 324, foron ao sector lácteo, e o resto aos sectores cárnicos, hortofrutícola e vitivinícola.

INCUMPRIMENTOS EN CONTRATO E PRAZOS

En canto aos motivos máis frecuentes de infracción, Herrero situou a ausencia de contratos e o incumprimento dos prazos de pago entre as industrias lácteas galegas. Así, por non formalizar por escrito os contratos impuxéronse 73 sancións e 57 por incumprir o prazo de pago.

"O sector lácteo en Galicia concentra a metade das sancións impostas neste sector en España", sinalou Herrero, quen avanza que en 2018 a AICA seguirá vixiando o sector lácteo en Galicia ante o alto índice de incidencias.No conxunto de España, AICA fixo 3.669 inspeccións no últimos catro anos, cun total de 922 sancións por un importe de 9,2 millóns de euros.

Temas: LEITE CONSUMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta