"Auga de castañas" e non a expresión castelá "agua de borrajas"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/04/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Esta semana a nova sección de fraseoloxía galega aborda o dito "A ver se a cousa non vos queda en auga de castañas".

Castañas
Castañas

Cando un plan ou proxecto se frustra ou vai ás cordas, sen que dea practicamente ningún resultado nin proveito en comparanza coas expectativas que había sobre del, non é a primeira vez que vemos que se bota man do calco espurio “auga de borraxas” ou, xa colléndoa ó dereito do castelán, de “auga de borrajas”, cando en realidade en galego temos expresións de noso que cobren perfectamente eses mesmos contextos de uso. Imos, pois, desta volta, botarlles un ollo a estas:

Quedar(se) # Convertirse... en agua de borrajas en agua de cerrajas

{= Frustrarse un negocio, proxecto ou plan, sen dar ningún resultado en comparanza coas expectativas que xerara.}

Quedar # Converterse... en auga de castañas

Quedar # Converterse... en auga(s) de bacallao

Quedar # Converterse... en auga de fregar

Quedar # Converterse... en auga de ourizos

Quedar # Converterse... en auga chirla

Ex.: Al final lo de la denuncia quedó en agua de borrajas.

Ó final o da denuncia quedou en auga de castañasen auga(s) de bacallaoen auga de fregaren auga de ourizosen auga chirla.

Tamén, en función dos contextos:

Quedar(se) en nada && Quedar(se) en humo

Quedar en nadaen borrallaen foula && Quedar # Parar en fume

Ex.: Ó final o da denuncia quedou en nadaen borrallaen foulaen fume.

Tamén, en función dos contextos:

Quedar(se) # Convertirse en papel mojadoen letra muertaen letra mojada

Quedar # Converterse en letra mortaen papel mollado && Tornar(se) letra mortapapel mollado

Ex.: Ó final o da denuncia quedou en letra mortaquedou en papel molladotornouse letra mortatornou papel mollado.

Mesmo tamén, só naqueles casos ou contextos en que hai un proxecto que simplemente queda niso, en proxecto, e finalmente non vai adiante:

Quedar(se) en el tintero

Quedar # Ficar no tinteiro && Quedar # Ficar no fol da liñaza && Quedar # Ficar no seo da manta && [E TAMÉN, PROBABLEMENTE ASOCIADA EN MAIOR MEDIDA A CONTEXTOS DE USO MÁIS FAMILIARES]: Quedar no tinteiro de Carmela

Ex.: El Gobierno municipal nos prometió que este año pondría el alumbrado público en nuestra parroquia, pero la promesa se quedó en agua de borrajas se quedó en el tintero.

O Goberno municipal prometeunos que este ano ía poñer a iluminación pública na nosa parroquia, pero a promesa quedou no tinteiroquedou no fol da liñazaquedou no seo da manta.

NOTAS:

1. A auga chirla vén a ser, a nivel xeral, calquera bebida ou caldo sen forza nin substancia, ou que mesmo presenta visualmente moi mala pinta. Neste senso, Martíns Seixo, na súa contribución “Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega” (Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 463-486), recolle esta locución como sinónima de auga de castañas:

«auga chirla / auga de castañas *. l.s. COL. Bebida de pouca calidade, xeralmente pouco mesta ou con pouca substancia. [Dise do café, do caldo, da sopa...]. Fixeches unha auga de castañas que non hai quen a beba

Deste xeito, poderiamos establecer a hipótese de que a orixe das expresións que recollen estas dúas frases se atopa, precisamente, no proceso analóxico que se establece entre a desilusión que levamos cando as expectativas que temos respecto de algo non se cumpren e a que levamos cando nos ofrecen algunha bebida ou caldo e o que finalmente nos poñen diante é unha auga de castañas ou auga chirla.

2. A voz foula presenta, entre outras acepcións, a de “po miúdo da fariña” (Dicionario da Real Academia Galega). En estreita ligazón con esta acepción, tamén se usa para dar conta do po ou partículas miúdas en suspensión que, por exemplo a contraluz, se perciben perfectamente, e é moi probable que sexa precisamente a partir deste significado de onde deriva a expresión quedar algo en foula, dado que esas partículas en suspensión son moitas veces apenas imperceptibles ou, dito doutro xeito, non son apenas nada.

3. Relacionada, cando menos formalmente, coa expresión quedar no fol da liñaza, tamén existe en galego a de ter alguén a graza no fol da liñaza, coa que se dá a entender que unha persoa non ten graza ningunha, que é moi insulsa ou seca.

3. As expresións galegas están recolleitas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Antón Santamarina (director): Tesouro informatizado da lingua galega (TILG).

- Constantino García González: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Equipos de dinamización da lingua galega dos CEIPs de Bormoio-Agualada e Canosa Rus: Fraseoloxía e paremioloxía recollida nos concellos de Coristanco e Carballo (A Coruña).

- Ferro Ruibal, Xesús (director): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.

- García Represas, Delio: Estudio na fala de Xinzo, Ponteareas. Contribución á lingüística descriptiva do galego. Tese de licenciatura, 1996. Universidade de Santiago de Compostela.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leo Antelo

Noraboa pola sección

1 anonimo

Concordo!.Gran acerto...