Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/04/2018 | Actualizada ás 13:47
O Xulgado número 7 de Collado Villalba fixou para o 21 de xuño o xuízo da peza principal pola denuncia do exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar. A acción legal tivo como detonante a publicación do libro 'Fariña', que se mantén secuestrado como medida cautelar adoptada por este órgano xudicial.
Así o confirmaron fontes da Editorial Libros do K.O., responsable da publicación. Desde a editorial explicaron que a decisión de fixar o xuízo para o 21 de xuño anunciouna a titular do xulgado despois de que este xoves tivese lugar no mesmo a audiencia previa, na que ambas as partes presentaron a documentación.
Estas fontes explicaron que "tiñan a esperanza" de que o xulgado levantase o secuestro do libro, pero que "se cumpriron" as súas "peores expectativas" ao manterse a medida. O secuestro suporá que non poida venderse a publicación na Feira do Libro, aínda que tiñan "asumido" que ían perder "toda a emisión da serie".
Desde os Editorial Libros do K.O., indicaron tamén que "a única posibilidade" que teñen agora para que se levante o secuestro de libro, é que a Audiencia Provincial de Madrid falle "antes" do xuízo. Para iso presentaron un recurso contra as medidas cautelares do secuestro. Ata que se ordenou o secuestro do libro como medida cautelar, do libro 'Fariña' publicáronse 10 edicións, a primeira delas en setembro de 2015.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.