Podemos ve "inaceptable" que "unha parte" de En Marea queira "impor o seu criterio" sobre o grupo parlamentario

A formación que lidera Carmen Santos chama a "reconstruír o espazo político de cambio en Galicia" e mostra o seu apoio a Quinteiro ante "a caza de bruxas orquestrada polo PP".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2018 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Consello Cidadán de Podemos Galicia cualifica de "inaceptable" que "unha parte" de En Marea trate de "impor o seu criterio" sobre o grupo parlamentario. Todo isto en relación co caso de Paula Quinteiro, a deputada que estivo nun altercado coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo.

Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa
Luís Villares e Carmen Santos en rolda de prensa

O grupo parlamentario de En Marea; onde ten maioría de deputados Podemos Galicia formación á que pertence Paula Quinteiro; acordou abrir un expediente interno á parlamentaria implicada nun altercado coa Policía Local. Non obstante, Podemos desestimou pedir a súa dimisión, como si quere o portavoz de En Marea, Luís Villares, e a dirección política da formación política.

Os participantes do Consello Cidadán avalan por unanimidade a actuación e declaracións da executiva autonómica e os deputados de Podemos neste asunto. Ao mesmo tempo remarcan "a autonomía do grupo parlamentario galego", ao que recoñece como "auténtico referente da pluralidade política e social do rupturismo democrático galego avalado polos votos de máis de 100.000 persoas".

Nun comunicado trasladan o seu apoio a Paula Quinteiro, a quen consideran "vítima dunha caza de bruxas interesada e orquestrada polo PP na que, lamentablemente, caeron tamén algunhas persoas do espazo de cambio". Por todo iso, Podemos chama a organizacións políticas, mareas municipalistas e movementos sociais a "reconstruír o espazo político de cambio en Galicia". Así mesmo, empraza a "abordar sen dilación nin ambigüidade a situación de anormalidade democrática e de representación xerada no espazo de cambio".

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Xunto a isto, o Consello Cidadán de Podemos Galicia agradeceu "a implicación" dos inscritos na recente votación sobre as eleccións municipais, na que se asumiu "o compromiso rotundo coa decisión dos inscritos galegos de avalar a proposta da dirección estatal para as próximas municipais".

Neste sentido, destaca que supuxo "a segunda maior participación nunha consulta en Galicia desde Vistalegre II, superando as 6.000 persoas, o que confirma á formación morada como o principal referente do proceso de ruptura democrática e cambio en Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 veciño sin espello retrovisor

situación de guerra aberta en podreiros (e a ínclita deputa "gamberra" sen dimitir, que vergonza, a deputada e un.ha excusa donde as puñaldas trapeiras veñen de todolos lados IMAXES DOCUMENTAIS DA SITUACION DA MAREA DO PODREIROS (ISTO NON SE VAI ARRANXAR CON CATRO TIRITAS PRECISAMENTE) - https://www.youtube.com/watch?v=Ni7...

2 Rupturistas

Din na nova que son "referentes do rupturismo democrático galego". Será o rupturismo de espellos retrovisores.

1 galegoexiliado

Cifuentes dimisión, pero Paula NON.