Anova, preocupada por "algunhas dinámicas" internas que "deterioran a imaxe pública" de En Marea

A formación nacionalista cre que o ruído interno do espazo político a nivel galego pode ser un "obstáculo" para as mareas municipalistas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2018 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista mostrou a súa "preocupación" por "algunhas dinámicas que se están dando" no espazo político de En Marea. Isto a  xuízo da formación política, pode converterse en "obstáculos" para as candidaturas de unidade popular.

Coordinadora de Anova
Coordinadora de Anova | Fonte: Europa Press

A formación nacionalista que lidera Antón Sánchez celebrou este sábado en Teo (A Coruña) unha reunión da súa coordinadora. No encontro, as persoas asistentes acordaron "apostar por levar a dinámica das mareas municipalistas ao suxeito galego", é dicir, ao seo de En Marea. Anova cre que a organización rupturista está envolvida en "dinámicas" internas que difiren de "os problemas que lle preocupan á xente", o que "deteriora a imaxe pública do espazo político dentro da cidadanía galega".

A actualidade de En Marea está marcada nas últimas semanas pola crise interna aberta polo caso de Paula Quinteiro, a deputada que se viu envolvida nun altercado coa Policía na madrugada do 18 de marzo. Tamén hai que ter en conta a consulta de Podemos Galicia ás súas bases sobre a súa participación nas eleccións locais do próximo ano. O partido morado quere que o seu nome figure nas candidaturas naqueles municipios onde non exista unha "marca consolidada".

Anova emitiu un comunicado no que apunta que "durante os últimos días vimos como en demasiadas ocasións os enunciados que viñan do noso espazo político trataban cuestións de parte que non atenden a axenda da Galicia que se move",  Nesta liña, reivindica o traballo das mareas municipalistas, xa que é onde "se logrou unha maior participación cidadá, unha maior pluralidade e conseguiuse derrotar á dereita" nas eleccións locais de 2015 en lugares como Santiago, A Coruña e Ferrol.

Así as cousas, Anova comprométese a "traballar" para que esas "dinámicas" internas afastadas dos "problemas" da xente non supoñan un "obstáculo para as diferentes candidaturas da Unidade Popular". "(As mareas) Son a maior ameaza que nestes momentos ten o PP e é necesario activar todos os esforzos para reforzalas", sinala. Deste xeito, a formación nacionalista avanzou a convocatoria dunha convención de representantes locais para preparar o camiño de cara ás eleccións do próximo ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

10 xacobe

4 gatos....

9 chindasvito

Esa muller que está na foto seica vai ser a nº5 de MA nas próximas, fai méritos!

8 Pondaliao

Anova traga con todo e máis que lle boten

7 anovo1

Balsa, Dopico e cachorros (de Anova) móntana por Santiago e chámanlle "hdp" a Villares, pero o ruído interno é de En Marea. Que jeta

6 Bernal Calvo Delaciga

Os trolls da inexistencia chamada BNG, que celebrades? Ser os cans co PP?

1 O de sempre

Está claro coma non, la culpa te es, del BNG.