'Buster' e 'Monumento' as mellores webseries do Carballo Interplay

O festival Carballo Interplay celebrado ata onte sábado na vila coruñesa, é unha porta para todas as tendencias dentro das webseries

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2018 | Actualizada ás 00:20

Comparte esta noticia

'Buster' foi galardoada como a mellor webserie do Estado na quinta edición do festival Carballo Interplay, que recoñeceu a 'Monumento' co premio na categoría en galego. Deste xeito, 'Buster' foi a gran triunfadora da noite con varios premios: mellor webserie de España, guion e dirección para David Sainz, así como actor para Manuel Noguera.

Carballo Interplay
Carballo Interplay | Fonte: Europa Press

O xurado composto por Carlo Padial, Desirée de Fez, Iago Fernández, María Tasende e Anxos Fazáns, concedeu á serie documental interactiva 'Monumento', que retrata as problemáticas da contorna e do medio acuático das comarcas de Ferrol, Ortegal, Santiago e Vigo, o premio a mellor webserie en lingua galega.

Pola súa banda, a comedia arxentina 'Emilia envidia', fíxose co premio a mellor webserie internacional; 'Bright Summer Night', o de xurado novo; e 'Mambo', o do público. Macarena Gómez levou o galardón a mellor actriz polo seu papel en 'Dorien'. Así mesmo, 'Sígueme' fíxose co mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos.

Deste xeito, na noite do sábado concluíu este evento coa gala de entrega de premios o primeiro festival de España de webseries, que se celebra cada ano no municipio coruñés de Carballo, e que nesta edición contou con 250 propostas de todo o mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta