Temas: SANIDADE

Os Colexios Médicos queren participar na avaliación de profesionais contra o criterio dos sindicatos

O Consello Galego de Colexios Médicos (CGCM) considera que a postura sindical é unha "imposición" e ven necesaria a súa participación para avaliar a parte máis científica.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 10/04/2018 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

O CGCM non está de acordo coa postura dalgúns sindicatos do sector médico ao non aceptaren a inclusión tanto dos Colexios Profesionais como Sociedades Científicas, nos órganos avaliadores para a concesión de graos na Carreira Profesional. A vindeira avaliación será no segundo sementre deste ano 2018. Os  Colexios Médicos consideran "inaceptable esa imposición" por parte das fozas sindicais.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña

Tanto Sociedades Científicas como Colexios Médicos consideran oportuno e necesario a súa inclusión nos comités avaliadores da Carreira Profesional. "É un instrumento para coñecer o grao de compromiso do profesional coa sanidade pública, recoñecer a súa actualización e formación profesional para acceder a un grao dentro da súa profesión", declara José Luis Jiménez.

A Carreira Profesional é un instrumento para promocionar a mellora continua dos médicos. O que se busca é a actualización permanente de coñecementos e aumentar a calidade na atención médica nos cidadáns. "Non queremos que sexa simplemente unha cuestión burocrática" di Jiménez, senón que tamén se teña en conta a parte científica da profesión.  Por todo isto consideran "incomprensible" que tanto os Colexios Médicos como Sociedades Científicas non formen parte en procesos de avaliación e acreditación dos méritos científicos, docentes e investigadores.

Tendo en conta isto, os Colexios Médicos enviaron xa á Consellería de Sanidade unha petición para reunirse co conselleiro Xesús Vázquez Almuiña, co obxecto de poderen tratar este punto.

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta