Pachi: "Feijóo e o narcotráfico andan aí-aí"

PP e PSOE acenden de novo o ventilador das corruptelas. Mentres o PP lanza unha ofensiva contra a suposta fraude fiscal do líder socialista, vídeo "anónimo" incluído, o PSOE contraataca recordando a vinculación dalgúns conservadores con narcotraficantes, unha acusación que ratificou o propio Laureano Oubiña.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/02/2011 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos contraataca contra a ofensiva do PPdeG sobre o suposto fraude fiscal nas obras da súa casa. Pachi Vázquez lembra os negocios conxuntos de dirixentes conservadores con testaferros de narcotraficantes.

"Feijóo e o narcotráfico andan aí-aí", espetou hoxe o secretario do PSdeG en rolda de prensa en Santiago. Vázquez lembra así que o anterior xefe territorial de Infraestructuras de Pontevedra, Evaristo Juncal, tiña varias empresas con persoas que foron condenadas por actuaren como testaferros de narcotraficantes.

Juncal foi apartado deste alto cargo, despois de que Feijóo solicitara un informe das súas actividades. Con todo, o PP sempre defendeu a honorabilidade de quen é o seu líder en Caldas de Reis.

None

Oubiña recoñece subornos

Pachi Vázquez non é o primeiro que tenta relacionar aos conservadores galegos cos cartos do tráfico de estupefacientes.

Un dos xefes históricos das familias galegas, Laureano Oubiña, declarou recentemente que "a finais dos anos setenta, cando pasamos á democracia que din que vivimos, axudei a financiar a Alianza Popular, do señor Fraga, e a UCD, do señor Suárez. E igual que eu o fixeron moitos empresarios máis que estabamos metidos no contrabando de tabaco. Por certo, desde aquí recórdolles a eses políticos que sigo sendo a mesma persoa de entón".

«Feijoo, Hernández, nomearon a persoas claramente relacionadas co narcotráfico deste país. Por certo: eles si teñen vivindas ilegais e non llas vai visitar ninguén" engadiu Pachi Vázquez. O líder socialista lembraba así que Juncal construíu unha casa sen licenza municipal, lugar que non visitaron os inspectores da Xunta, que si acudiron a súa vivenda en Ourense.

O PP alimenta a polémica do chalé de Pachi

As declaracións de Vázquez contrarrestas a ofensiva lanzada polo PP esta semana contra o suposto fraude do socialista na reforma da súa casa no Carballiño. Os conservadores aseguran que Vázquez fixo unha reforma completa do inmoble cando só pediu licenza para retellar.

"Polo xulgado pasará quen teña que pasar para volver recuperar os elementos de xustiza", dixo Vázquez, que insistiu en que a Xunta trata de "mentir, calumniar e difamar".

Cuestionado polas durísimas acusacións de Vázquez, Feijóo evitou referirse ao asunto do narcotráfico e preferiu centrarse na polémica da reforma da casa. "Cada un é responsábel do que di e ninguén está fóra da lei", lembroulle o presidente da Xunta en rolda de prensa. O mandatario apuntou que está por determinar se o procedemento da ampliación foi "legal", pero que está claro que non foi "ético".

Doble vara de medir

A prensa cuestionou daquela ao presidente de novo por Juncal, que sigue como líder do PP de Caldas malia non pagar o IBI da súa vivenda durante 24 anos, que sigue tendo licenza de galpón. O conservador disculpouno, alegando que se trata dunha casa herdada. A mesma escusa que usara o seu inmediato superior, o conselleiro Agustín Hernández.

En definitiva, o "ventilador" de supostos escándalos e corrupcións entre PSdeG e PPdeG está a piques de encenderse de novo.

Para mostra, este vídeo colgado no Youtube por un usuario que se oculta baixo o alcume "pachipillado" sobre o chalé de Vázquez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Sebastiám

Nom sei por que, mas ao ler esta notícia véu-me um nome à cabeça: "Nené". Quem era "Nené"? A alguém lhe soa? Por que me viria esse nome à cabeça lendo estas linhas?

4 lector

Que ben, o traballo do novas da galiza utilizado polo psdg, salvando as distancias claro.

3 filantrópico

Vaia bocachancla o fulano este do psdg,¿xa ten recambio os socialistas galegos tras o fracaso que van a colleitar nas municipais? teñen ao enemigo na casa e os socialistas non o saben.

2 portonovo

si tiran del tarro , la gran mayoria de politicos del salnes ,directa o imdirectamente estan ......................... na ayada

1 Porco Jones

A allada ou alhada é unha preparación culinaria a base de allo ou alho.

1 Mayte C.

Pachi es un evasor fiscal que se siente acosado y sale con barbaridaes para tapar sus deslices tributarios. Hacienda somos todos, incluidos los del PSOE. Y los partidos que suben impuestos no deberían tener dirigentes que los defrauden

1 C. Maitescu

Non como aqueles que suben impostos indirectos que esos sí que poden... País!

2 Manoliño

Bueno sí, agora os socialistas, que é coñecido que cando chegan a un cargo, mercan o audi mais grande e ostentoso que haxa, e fan unha mansión, digo que agora os socialistas van de proletarios. Falando de mansións, joer coa do Pachi este, o pazo de Meirás non ten zona de equitación nin piscina. I eso que Pachi é o líder interino e o outro foi o titular 40 anos.

3 Rayleigh

jajajaja..manoliño. Volvemos os audis? Eses audis tan chulos que compraba Fraga por doceas? Non sabía que Fraga era socialista!! O que se aprende por aquí. E para mansións, eu coñezo a certa candidata dunha cidade que ten 2 mansións agora, cando nin hai 10 anos non tiña onde caerse morta. Unha delas "regalada" por un promotor. Que sorte teñen algúns!! Uns as teñen que comprar e a outras caelles do ceo. E sen dar nada a cambio (ista frase é para tontos que son os único que o poden crer)