As razóns alegadas por ENCE para non acudir á comisión sobre a vaga de lumes de 2017

Desde a empresa apuntaron que a fase de comparecencias pechouse antes de que foran informados para participar nela.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/04/2018 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A principal empresa madeireira de Galicia, ENCE, non asistiu á Comisión Especial de ordeación forestal e incendios no Parlamento de Galicia. Unha ausencia que botaron en falla os grupos da oposición por ser esta unha das principais industrias pasteiras do país e, sobre toda, por ser o gran comprador de madeira de eucalipto de Galicia.

Operarios de ENCE trafegando madeira
Operarios de ENCE trafegando madeira | Fonte: ence.es

Alejandro Oliveiros García, Director de Ordenación Forestal de ENCE, explicou nunha misiva porque non acudiron a esta comisión. Esta é a carta: 

Excmo. Sr. presidente:

Desde Ence agradecémoslle moito a súa invitación persoal e o interese mostrado polo Parlamento de Galicia na nosa participación como comparecentes na Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do plan forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada desde 2006 e, específicamente, a extraordinaria vaga de lumes que sufriu Galicia en outubro de 2017.

Posteriormente á mesma, fomos informados de que a fase de comparecencias da Comisión pechouse definitivamente, o que impide xa a nosa participación.

Lamentamos calquera malentendido que puidese causar a nosa anterior renuncia a comparecer ante unha institución que merece todo o noso respecto.

Unha vez máis, reiteramos o noso agradecemento e desexamos os mellores resultados para a Comisión e para Galicia neste obxectivo compartido, e fundamental, de mellorar a loita contra os incendios forestais.

Despídome atentamente, aproveitando para enviarlle o meu máis cordial saúdo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta