Temas: AUGA

Os encoros galegos, ao 90% da súa capacidade

Os encoros galegos aumentaron as súas reservas de auga de novo até situarse no 87,3% da súa capacidade grazas ás choivas do últimos sete días. En 2017, as reservas a estas alturas do ano eran do 67,96%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2018 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

As reservas de auga están nestes momentos nuns niveis elevados que garantirán o subministro nos vindeiros meses. A semana pasada, a capacidade hidráulicasdos encoros xa superaba a media da última década. Esta cifra segue subindo segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Medio Ambiente.

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense)
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense) | Fonte: Europa Press

Na actualidade, Galicia conta con 3.192 hectómetros cúbicos de auga embalsada, por encima dos 2.805 de media da última década. Ademais, Medio Ambiente informou de que as precipitacións que esta semana afectaron "considerablemente" a toda a península e rexistraron a súa máxima na cidade de Vigo, con 126,5 litros/metro cadrado.

Na conca de Miño-Sil, a auga almacenada sobe até o 85,1%, o equivalente a 4,2 puntos porcentuais máis que a semana anterior, cando a reserva se situaba nun 80,9%. Desta forma  gaña 130 hectómetros até os 2.580, a semana anterior este valor era de 2.450.

No caso dos encoros de Galicia Costa, pola contra, prodúcese un lixeiro descenso até o 89,5%, cunha baixada de seis décimas respecto da semana pasada, cando a porcentaxe era do 90,1%. Son 612 hectómetros cúbicos, catro menos que os datos do 3 de abril que marcaban 616.

Temas: AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta