Campaña pola obxección fiscal aos gastos militares

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) de Vigo anima aos cidadáns a participar nunha acción a nivel estatal para que cada cidadán desvíe 80 euros da declaración da renda a algunha organización pacifista.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/04/2018 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Coincidindo coa apertura da campaña da declaración da renda, varios colectivos do Estado —entre estes, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) de Vigo— veñen de poñer en marcha unha acción a prol da obxección fiscal para protestar contra os gastos militares. A cantidade que propoñen é de 80 euros a detraer do que se destinaría a gasto mIlitar nos Presupuestos Generales del Estado e destinar eses cartos, con xustificante, a calquera organización que traballe pola paz.

Embarcan en Vigo vehículos militares para unha operación da OTAN.
Embarcan en Vigo vehículos militares para unha operación da OTAN.

Centro de Estudos por la Paz J.M. Delàs —observatorio sobre desarme, comercio de armas, conflitos armados e cultura de paz— denunciou que, por primeira vez en dez anos, o gasto militar aumentou un 32% respecto a 2016, incluíndo o pagamento dos PEAS, Programas Especiais de Armamento, que o Goberno non ten en conta á hora de deseñar os orzamentos estatais e que sufraga despois mediante créditos extraordinarios, subliñan os organizadores da campaña.

"Pero o máis grave é que nos próximos seis anos se pretende incrementar o gasto en defensa entre o 50% ou 80%, para achegarse á meta do 2% do PIB en 2024, establecida no cumio de Gales da OTAN e esixida por Estados Unidos", critican os colectivos.

PROCEDEMENTO

Os organizadores da campaña dan unha serie de consellos para poder obxectar fiscalmente. En primeiro lugar, recomendan realizar un ingreso bancario á entidade cara á que se desexa desviar o diñeiro do gasto militar, pola cantidade que se decide obxectar (aconsellan 80 euros, pero pode ser a contía que un desexe) e no asunto da transferencia habería que pór "Obxección Fiscal ao Gasto Militar".

Xa na declaración da renda, no apartado de “Retencións e demais pagos a conta”, hai que empregar un dos subapartados que non se utilicen e engadir a cantidade que se vai obxectar. Por último, recomendan enviar unha carta ao Ministerio de Facenda (postal ou mail certificada ou mediante oficina pública de envíos) anunciando que se fixo a obxección fiscal ao gasto militar e explicando os motivos, con copia do comprobante do ingreso realizado ça organización que se elixiu como destino alternativo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 chas

Que boa idea. Apuntome.

1 A verdade

En resumo. Que si destino os cartos aos militares polo menos sei a onde van. Se os destino as "organizacións pacifistas" gastos en manter a catro "ninis" fillos de papá sen oficio nen beneficio para que ven os gasten en petas no seu local subvencionado ou viaxen por Europa de gratis.... Ai non... para iso mellor a Cáritas ou a Refuxios de animais