Un deputado do BNG rompe o retrato do rei contra a interpretación "represiva" dos delitos de odio

O ex alto cargo de Cultura durante o bipartito, Luís Bará, rompeu un retrato do rei Felipe VI no pleno do Parlamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2018 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Luís Bará rompeu un retrato do rei Felipe VI este mércores no pleno do Parlamento, durante a defensa dunha iniciativa en contra da interpretación "represiva" dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo.

El diputado del BNG Luis Bará rompe un retrato del Rey
El diputado del BNG Luis Bará rompe un retrato del Rey | Fonte: Europa Press

Bará, que foi alto cargo do Goberno bipartito de PSdeG e Bloque, defendeu, mentres mostraba dúas fotografías do rei, que "romper este retrato" non é un delito, senón o "ABC da democracia" e alegou que non o podía queimar por estar "nun espazo pechado".

O nacionalista fixo referencia a principios como a liberdade de expresión e o pluralismo aludindo á condena a España por parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) en relación aos mozos cataláns Jaume Roura Capellera e Enric Stern Taulats.

A Audiencia Nacional impuxera a estes dous mozos 15 meses de cárcere en 2008 por un delito de inxurias á Coroa --unha pena que foi substituída por multa de 2.700 euros-- por queimar unha foto dos Reyes tras unha manifestación en Xirona.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 Per

Mentras en Catalunya permiten as esteladas , en galicia as reprimen ao máximo, menos mal que Podemos non eliminou totalmente ao bloqueiros (estivo a punto de conseguilo).

2 Carmen Lastra

E que dirán os amigos do BNG en La Voz de su Amo? Que valente, despois de saber que aos independentistas de verdade non lles pasou nada, os do postureo xa poden facer teatriño no parlamentiño de cartón! Iso si, cobrando como casta e baixo a bandeira de España, que na súa sombra médrase mellor...

1 La pastillita loqui

Claro loqui y que dirá tu amiguito Louzán

1 estevo das estivadas

Se rachar unha foto é un delicto só amosa o grado de cavernicalismo do sistema. A imposición dunha bandeira e dun retrato oficial do xefe do estado é digno de estados non democráticos. Ben polos bloqueiros.