A cadea Netflix concienciará aos escolares sobre o autismo

Será no III Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que se desenvolverá entre os días 2 e 5 de maio no Auditorio do Concello vigués.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 11/04/2018 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O Festival de Cine Inclusivo ten como obxectivo principal a eliminación das barreiras físicas e sensoriais que determinan o acceso universal ó cine. A maioría das proxeccións contan con audiodescripción e subtitulado para persoas con dificultades visuais e auditivas. Foméntase así a inclusión, dando a coñecer o mundo da discapacidade ós espectadores. Esta terceira edición do Festival de Cine Inclusivo está dedicada especialmente á visibilización das persoas con TEA, Trastornos do Espectro Autista.

Atypical de Netflix
Atypical de Netflix | Fonte: Netflix


Como nas edicións anteriores, clebrarase durante este festival o concurso de curtametraxes. Para a edición de 2018 incorpórase outro concurso de documentais de temática inclusiva. Tamén outra novidade para este ano serán as sesións matinais para escolares. Estas sesións servirán para proxectar a serie de Netflix “Atypical” (Atípico). A serie  ten como argumento a vida dun rapaz con autismo que, coa súa decisión de buscar moza, provocará profundos cambios na súa vida e na da súa familia.


Despois da proxección, as asociacións Autismo Vigo e TEAVI darán a coñecer a realidade das persoas con TEA aos escolares asistentes. Para iso, os representantes das asociacións manterán un coloquio co público. A actividade enmárcase dentro da colaboración entre a Concellería de Educación e AGAIN, Asociación Galega Audiovisual Inclusiva, organizadora do Festival.


En canto ás obras participantes, a organización seguirá recibindo propostas de curtametraxes e documentais ata este xoves 12 de abril. Os interesados poden encontrar máis información no correo electrónico viiff.filmfestival@gmail.com e na páxina de Facebook https://www.facebook.com/FestivalCineInclusivo/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 La tolteca

Me parece buena idea que hagan esto, aprendiendo más sobre otras personas. Es parte de la inclusión, me gustaría que hicieran algo sobre la cultura tolteca, una cultura importante antes del descubrimiento de América y que poco conocimiento se tiene.

1 Elena Rojas

Es cierto que Netflix o portales como HBO y parecidos e incluso algunas aplicaciones y sobretodo las redes sociales pueden afectar a nuestros hijos con síntomas de autismo, por eso es mejor otras opciones más sanas. A mi hijo le instalé el juego de animal crossing pocket camp para pc y estoy encantada, es un juego educativo, respetuoso y apto para todas las edades, y encima gratuito.