Físicos galegos reactualizan a figura de Stephen Hawking

"E Hawking dixo: fágase a luz!" ou "Stephen Hawking e o ludópata vergonzante", entre as charlas da NerdNite.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Stephen Hawking morreu pero a súa contribución á ciencia persistirá durante séculos. E, precisamente, con ese obxectivo de volver a reactualizar a súa figura as NerdNite da USC deste xoves xirarán en torno á figura do físico británico.

Stephen Hawking, en Santiago de Compostela na cerimonia de recollida do Premio Fonseca
Stephen Hawking, en Santiago de Compostela na cerimonia de recollida do Premio Fonseca | Fonte: USC - Santi Alvite.

Hawking recibiu en 2008 o Premio Fonseca da Universidade de Santiago na súa primeira edición ao abeiro do programa ConCiencia. O xurado valoraba do científico recentemente falecido "a súa excepcional mestría na popularización de conceptos complexos da Física no borde último da nosa comprensión do Universo, combinada coa máis alta excelencia científica".

Recoñecido polos seus traballos sobre os buracos negros no Universo e por ser un dos máis recoñecidos divulgadores da ciencia de todos os tempos, a USC e o Consorcio de Santiago entregáronlle o galardón nunha semana de setembro ateigada de actos por toda a cidade de Santiago para os que Hawking tivo sempre a súa mellor dispoñibilidade. 

MIRA, VILAR E EDELSTEIN

O relato deses intensos días lembrarao este xoves 12 o catedrático de Electromagnetismo da USC e director do programa ConCiencia, Jorge Mira, na sesión deste mes de abril das NerdNite, que xirará monograficamente en torno á figura do científico británico.

Xunto a Mira, compartirán xornada (de acceso libre e gratuíto) a partir das 22.00 horas na Nave de Vidán o doutorando da área de física teórica da USC Alejandro Vilar López coa charla ‘E Hawking dixo: fágase a luz!’ e o profesor de física teórica da USC José Edelstein con ‘Stephen Hawking e o ludópata vergonzante’. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta