Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/04/2018 | Actualizada ás 10:00
Originum sive etymologicarum libri viginti (Etymologiae ou Etimoloxías). É a grande obra de Santo Isidoro de Sevilla, un relixioso do século VI que chegou a ser arcebispo de Valencia e un dos máis importantes eruditos da Idade Media. Precisamente, esta obra pasa por ser unha das grandes obras etimolóxicas de todos os tempos.
E aproveitando o seu día, dende este xoves 12 e ata o próximo 26 de abril, a Facultade de Filoloxía da USC celebrará a súa Festa das Palabras, un ciclo de actividades concibida en honor ao patrón deste centro.
Entre as actividades cómpre destacar a instalación de pósters sobre palabras en distintas linguas realizados por profesorado da Facultade, que se exporán na cristaleira do Salón de Graos do centro a partir deste xoves 12. Ademais, no hall da primeira planta haberá un mural aberto a membros da Facultade e de fóra dela para que poidan amadriñar as súas palabras favoritas en diversas linguas.
O ciclo chegará ao seu remate o día de Santo Isidoro, 26 de abril ás 18.00 horas, cadrando coa entrega de diplomas dos premios extraordinarios de grao e mestrado 2016/2017.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.