A Xunta acusa aos folguista da Xustiza de ser "podemitas"

“O que máis me interesa é que se vexa que están sendo manipulados”, di Feijóo ao tempo que critica aos sindicatos por ir á xuntanza do venres co Goberno galego sen posicións “claras”.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 12/04/2018 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Máis de dous meses dura xa a folga da Xustiza e lonxe de acercar posicións, traballadores e Xunta alónxanse aínda máis e con graves acusacións. A última foi a do presidente da Xunta que acusou, entre sorrisos, aos folguistas de ter como “referente” a Pablo Iglesias e a Podemos. “Está ben sabelo”, dixo ironicamente.

Membros do comité de folga dos funcionarios da Xustiza galega, ante o Congreso dos Deputados en Madrid, acompañados pola parlamentaria galega de En Marea Yolanda Díaz e o portavoz de Xustiza de Unidos Podemos, Eduardo Santos.
Membros do comité de folga dos funcionarios da Xustiza galega, ante o Congreso dos Deputados en Madrid, acompañados pola parlamentaria galega de En Marea Yolanda Díaz e o portavoz de Xustiza de Unidos Podemos, Eduardo Santos.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo criticou a xuntanza que mantiveron representantes dos traballadores en Madrid con formacións políticas, especialmente, con representantes de Podemos. “Agora vese claro a que foron alí... A reunirse con Pablo Iglesias e outros deputados que teñen problemas con vivendas e coa xustiza”, engadiu.

“Isto é moi sorprendente pero o que máis me interesa é que se vexa que os traballadores están sendo manipulados”, engadiu ademais de que o conflicto está “politizado”. Un argumento, o da politización, que o PPdeG e a Xunta mantén xa desde os primeiros momentos da folga.

XUNTANZA DO VENRES

Logo de máis de dúas semanas sen xuntanzas, este venres, sindicatos e Xunta volverán a verse as caras.  A Xunta acudirá “só para falar dentro do escenario económico marcado na última oferta”, que insiste que supón unha suba total de 300 euros; 133 euros para os xestores, 108 para os tramitadores e 105 para auxilio. Os sindicatos piden, pola contra, 180 euros lineais para os tres grupos. 

A pesar de estar convocado, Feijóo non é nada positivo sobre este encontro. “Non está nada claro o que queren os sindicatos nesta xuntanza”, dixo ao tempo que acusou os representantes dos funiconarios de “non ter respecto polos traballadores”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 A morronga

Xa lles gustaría aos podemitas ter ese poder de mobilización. Xa se ve cando se convocan mobilizacións sindicais...

1 ramiro de yoli

Non podía faltar o " posado veraniego de Ana Obregón", perdón quixen decir Yoli Procesiones. Vistes o video de Pablo Iglesias cos traballadores galegos da Xustiza, como empurra e empurra para sair no vídeo?