"A torto e a dereito", e non a expresión castelá "a diestro e siniestro"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 16/04/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A diestro y siniestro: velaquí unha desas expresións tan integradas na nosa realidade lingüística que moitos galegofalantes xa a calcamos ó dereito, practicamente de xeito natural e mesmo inconsciente, do castelán, todo o máis trocando a conxunción copulativa castelá y pola correspondente conxunción galega e.

Capa do libro A torto e dereito
Capa do libro A torto e dereito

Non obstante, cómpre saber que no noso idioma galaico existen expresións que cobren e ocupan exactamente os mesmos espazos de uso ca aquela, así como tamén varias outras que, en función dos diferentes contextos, poderían así mesmo ser empregadas. Ímoslles botar, pois, unha ollada.

A diestro y siniestro && A diestra y siniestra

{= En todas as direccións e en gran cantidade.}

A torto e a dereito

A torto e dereito

Ex.: De camino a la iglesia vimos, manifestándose, gente a diestro y siniestro.

De camiño á igrexa vimos, manifestándose, xente a torto e a dereito a torto e dereito.

● Tamén, e dado que en moitos contextos ese significado primixenio leva aparellado o de dar a entender que algo se realiza sen reflexión, coidado, coutamento, escolla nin miramentos:

A trochemoche && A troche y moche && A tuerto o a derecho && A tuertas o a derechas

A eito && A feito && A treo && Á toa && Ás toas

Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro a troche y moche.

Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito a eito a feito a treo á toa ás toas.

Ex.: Os encapuchados empezaron a disparar contra la gente a diestro y siniestro a troche y moche.

Los encapuchados empezaron a disparar contra a xente a torto e (a) dereito a eito a feito a treo á toa ás toas.

Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro a troche y moche.

Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito a eito a feito a treo á toa ás toas.

● Ou mesmo tamén, compartindo contextualmente espazos de uso en certas ocasións:

Sin mirar # pararse # reparar # tropezar en barras

{= Sen considerar os inconvenientes que pode ter levar algo a cabo, e facéndoo sen ningún reparo e sen se coutar nin un chisco.}

Sen reparar en danzas

Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro sin reparar en barras.

Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito sen reparar en danzas.

Ex.: Los encapuchados empezaron a disparar tiros contra la gente a diestro y siniestro sin pararse en barras.

Os encapuchados empezaron a disparar tiros contra a xente a torto e (a) dereito sen reparar en danzas.

Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro sin pararse en barras.

Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito sen reparar en danzas.

● Incluso tamén, en ocasións, comparte ámbitos de uso con locucións que simplemente fornecen a idea de “en gran cantidade, en abundancia”, coma a esgalla, a embute, á envorca, a moreas, ás moreas, a feixes, a fartar, a varrer, etc., que veremos máis polo miúdo noutro momento, cando tratemos a locución castelá a mansalva:

Ex.: En esa época repartían sobres en B a diestro y siniestro a mansalva.

Nesa época repartían sobres en B a torto e (a) dereito a esgalla a embute á envorca ás moreas a feixes a fartar a varrer.

● Mesmo tamén, nalgunha ca outra ocasión en que o que se pretende salientar é que algo acontece, ou se realiza, en todas as direccións:

Por todas (las) partes && Por todos (los) lados && Por todos (los) sitios && Por doquier

Por todas (as) partes && Por todos (os) lados && Por todos (os) sitios && Por onde queira que + verbo ou oración axeitados ó contexto

Ex.: Empezó a dar golpes a diestro y siniestro por todas partes por doquier.

Empezou a dar golpes a torto e (a) dereito por todas partes por todos os lados por onde queira que podía por onde queira que lle ían as mans.

Ex.: Los encapuchados empezaron a disparar tiros contra la gente a diestro y siniestro por todos los lados por doquier.

Os encapuchados empezaron a disparar tiros contra a xente a torto e (a) dereito por todas partes por todos os lados por onde queira que saíran por onde queira que mirases.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Dicionario da Real Academia Galega (edición en liña).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Rodríguez González, Eladio: Apéndice ó Diccionario enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, publicado en 1961. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego, publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: “Nuevo suplemento al Diccionario gallego-castellano publicado en 1884 por Marcial Valladares Núñez”, de entre 1896 e 1902. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Joan Artés Morata

En catalán é o mesmo: "A tort i a dret".