Representantes sindicais expulsados da Xunta de Galicia

Esta mañá os representantes das forzas sindicais que integran o comité de folga da Xustiza, tentaron entrar nas instalacións de San Caetano para que lles explicasen a oferta de 300 euros que o Goberno autonómico estivo anunciando.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2018 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O comité de folga convocara aos negociadores da administración autonómica para que lles explicaran a suposta suba de 300 euros no salario dos funcionarios da Xustiza. Dita suba foi anunciada desde o Goberno galego polo seu vicepresidente, Alfonso Rueda.

Nuria Fornos, do comité de folga da Xustiza, expulsada de San Caetano
Nuria Fornos, do comité de folga da Xustiza, expulsada de San Caetano | Fonte: ANX-CUT

Ás once da mañá deste venres 13 de abril, as persoas que conforman o comité de folga achegáronse ás instalacións no edificio de San Caetano, sede do Goberno da Xunta, para pedir información e explicacións sobre o anunciado aumento salarial. Non obstante, ningún membro da contraparte negociadora por parte da Administración galega se presentou para recibilos nin anunciarlles ningún punto sobre a presunta suba salarial.

As únicas persoas que puideron acceder ao recinto administrativo foron representantes de Alternativas na Xustiza-CUT. Inmediatamente foron expulsados das instalacións pola Policía autonómica. O resto de membros do comité non puido acceder a San Caetano.

Desde Alternativas na Xustiza-CUT (ANX-CUT), consideran que a non comparecencia e expulsión de representantes dos traballadores da Xustiza forma parte da “guerra de desgaste” para “deslexitimar” aos funcionarias da Xustiza, facendo referencia ás palabras do fiscal delegado de Medio Ambiente, García Ortiz.

Tamén desde a mesma central sindical ven que estas manobras forman parte das tácticas para as loitas internas do PP na sucesión de Mariano Rajoy, en beneficio de Alberto Núñez Feijoo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta