Lídia Senra presenta liñas de acción sobre perspectiva de xénero no Parlamento Europeo

A deputada galega oresentou algúns puntos contemplados na folla de ruta no que respecta á organización das dinámicas internas de traballo.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 13/04/2018 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

Entre os puntos a remarcar están a capacitación continua en perspectiva de xénero do persoal técnico que traballa na Comisión de Agricultura. Procurar o equilibrio de xénero nas persoas expertas convidadas como relatoras ás audiencias así como na composición das delegacións internacionais de eurodeputadas e eurodeputados. Tamén a designación dunha persoa que fará seguimento da implementación do plan.

Lidia Senra
Lidia Senra

“Xunto coa procura da paridade en todos os eidos, pensamos que a formación en perspectiva de xénero é un punto de partida ineludíbel”, explica Senra, “as persoas que forman parte dos procesos de elaboración e aplicación dos marcos políticos e legais polos que se rexen as sociedades teñen que recibir capacitacións que garantan a adopción da perspectiva de xénero” declarou a eurodeputada.

Dentro do marco lexislativo, o plan presentado hoxe por Senra incide na necesidade de asegurar que a situación específica e os desafíos que enfrontan as mulleres que viven no medio rural, sexan tomadas en conta para ser incorporadas no deseño da Política Agraria Común a aplicar a partir do ano 2020.

SITUACIÓN PROFESIONAL DAS MULLERES LABREGAS


“A situación profesional das mulleres labregas a nivel europeo está marcada por unha fonda desigualdade. Isto visibilízase por exemplo de xeito moi claro na cuestión da titularidade das explotacións agrarias” aseberou Lidia Senra.

Tamén o documento presentado hoxe recolle que as delegacións internacionais da Comisión de Agricultura deberán contemplar na súa axenda xuntanzas con organizacións de mulleres. Ademais, proporcionar información previa sobre a situación das mulleres en áreas rurais do país ao que se despraza a delegación.

Senra critica os limitados esforzos reais realizados polas institucións, que moi a miúdo adoptan unha posición de apoio á igualdade só a nivel discursivo. No caso da propia Comisión de Agricultura, incidiu, “o Plan de acción do Parlamento Europeo para a promoción da igualdade de xénero foi aprobado no ano 2015, pero non foi até xullo do ano pasado cando dimos consensuado as liñas do plan específico da nosa Comisión”.

Cada vez son máis os organismos e institucións internacionais que, como se vén reivindicando desde hai moitos anos, subliñan o rol diferenciado que as mulleres teñen na produción de alimentos a nivel mundial. “Segundo os datos da propia FAO, as mulleres alimentan ao mundo, e ademais apostan maiormente por modelos respectuosos co medioambiente que axudan a combater o quecemento global” rematou a eurodeputada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Inmunidade de grupo

So polo das vacinas cando houbo xente que deixou varios meses metade da nómina en iren a Portugal para protexer ós seus fillos da meninxite, xa tiñas que estar na casa.

1 Provacinas

A ver se ten sorte e ningún europeo lle pregunta que opina de despedir unha muller por estar casada ou manter sintuación análoga ao matrimonio cun dun sindicato que me cae mal