A ciencia galega, compartida en internet

Aumentan o acceso a recursos de información científica e tecnolóxica fundamentais para acadar a excelencia en I+D+i.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2018 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) acaban de asinar varios acordos para darlles aos investigadores do Sistema Universitario de Galicia (SUG) acceso a recursos de información científica e tecnolóxica fundamentais para acadar a excelencia no eido da I+D+i.

Compartindo información a través da rede
Compartindo información a través da rede

Estes acordos enmárcanse no Plan galego de financiamento universitario 2016-2020, na epígrafe do financiamento por resultados, no subfondo de fomento da I+D+i; e teñen como obxectivo final facilitar o traballo docente e investigador, promovendo a permanencia do talento no Sistema Universitario de Galicia (SUG).

RECURSOS EN LIÑA

O convenio con Bugalicia, ao que se destinan 1.525.713 euros, ten como obxectivo poñer á disposición de grupos de investigación e alumnado recursos de información
científica en liña (bases de datos, revistas electrónicas e libros electrónicos) e do soporte ás novas tecnoloxías nos servizos bibliotecarios universitarios, recursos
accesibles ao persoal das universidades galegas e que son básicos para realizar os traballos docentes e de investigación.

Con esta axuda búscase facilitar o acceso á produción científica que se está a xerar dentro e fóra e potenciar, ao mesmo tempo, as investigacións que se nutren desa información.

SUPERCOMPUTACIÓN

No caso do convenio co Cesga, dotado con 510.000 euros, ten como finalidade darlles acceso aos investigadores ao uso de recursos de supercomputación, almacenamento de datos e comunicación. Trátase de poñer á disposición do persoal investigador o uso dos servizos dun supercomputador con diferentes arquitecturas e de numeroso software especializado en diversas áreas para satisfacer as necesidades do persoal investigador, e que permite realizar cálculos de altas prestacións, almacenamento de datos e comunicacións de banda larga necesarios para o desenvolvemento dos traballos científicos dos grupos e centros investigadores das universidades do SUG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta