Milleiros de galegos saen a rúa para pedir pensións dignas en mobilizacións separadas

Na actualidade en Galicia a pensión media non supera os 788'49 euros -918 euros no Estado-- e o 64% non chegan ao Salario Mínimo. As mobilizacións estiveron marcadas pola desunión sindical, con convocatorias de CCOO e UXT conxuntas e da CIG por separado.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 15/04/2018 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Miles de persoas desafiaron á choiva en Galicia e clamaron por "pensións dignas" para "hoxe e mañá" nas preto de 40 protestas que se celebraron este domingo nas cidades e localidades galegas, convocadas por UXT e CCOO de forma conxunta e, por separado, pola CIG que fixo un chamamento á folga xeral. Nas distintas protestas, reproduciuse a denuncia pola situación das pensións galegas, entre as máis baixas do Estado.

Con cánticos como "corruptos e ladróns, que devolvan as pensións", ou "Rajoy, ladrón, devolve a pensión", avanzou a mobilización en Santiago convocada por CCOO e UXT na praza de Cervantes e que concluíu en Pratarías, tras unha pancarta coa lema "Pensións dignas, non á conxelación".

Desde CCOO, o secretario xeral en Galicia, Ramón Sarmiento, que participou na protesta en Vigo, reclamou que "finalice a campaña de cuestionamiento da viabilidade do sistema público de pensións", porque "son fundamentais, as de hoxe, mañá e pasado", fixando o obxectivo do sindicato en que se abran negociacións para alcanzar un acordo que "asegure non só aos actuais pensionistas, senón aos do futuro".

Tamén defendeu "derrogar a actual reforma laboral, a reforma das pensións que o PP promulgou unilateralmente en 2013", cun "proceso de mobilización que non se fai eco das esmolas que o PP tenta nos orzamentos deste ano". CCOO puxo tamén o foco na situación galega, coas "pensións máis baixas porque tamén se teñen os salarios máis baixos" e criticou que, tras a reforma laboral, incrementáronse as taxas de temporalidade e os contratos a xornada parcial, fundamentalmente para as mulleres.

Desde UXT, Antonio Queiro, portavoz da Unión de xubilados e pensionistas en Compostela-Barbanza, arremeteu contra as "mentiras do Goberno", que di que incrementa "un 3 ou un 1, pero que o único verdade é o 0'25% cando o IPC sobe 3 ou ata 4 puntos". "O goberno o único que trata é de enganarnos con números falsos, e pornos a uns contra os outros", pero, engadiu, "seguirase ata que se canse ou haxa un cambio de políticos".

UXT lembrou que na actualidade en Galicia a pensión media non supera os 788'49 euros -918 euros no Estado-- e que o 64% das pensións galegas, o 50% no caso das estatais, non chegan ao Salario Mínimo.

Acto en defensa das pensións (CIG)
Acto en defensa das pensións (CIG)

CIG INSTA Á FOLGA XERAL

A CIG marchou tras parcartas nas que clamaba 'En defensa das pensións e o emprego, folga xeral'. Nesta liña, Pepe Maio, secretario comarcal en Compostela, fixo un chamamento á convocatoria dunha folga xeral en defensa do sistema público galego, e para continuar con "a dinámica de mobilización e loita sostida no tempo en defensa do sistema público de pensións", facendo fincapé nas últimas reformas laborais, porque "a calidade do emprego e os salarios repercuten na viabilidade do sistema público de pensións".

Tras alertar de que Galicia é a comunidade autónoma que ocupa "o último posto no ranking das pensións de todo o Estado", criticou as "políticas centralistas" por xerar esta desigualdade ao non ter en conta as peculiaridades galegas.

DIVISIÓN SINDICAL

As protestas estiveron marcadas pola desunión sindical, o que xerou que nalgúns lugares, como en Santiago, case chegasen a atoparse no mesmo lugar. O responsable comarcal de CCOO, Carlos Prado, lamentou a falta de unión e advertiu das súas posibles consecuencias. "A min dóeme moitísimo a división nos movementos, dóeme que no canto de sumar estamos a restar e separando, aínda que o movemento está aí", manifestou.

PRESENZA POLÍTICA EN VIGO E EN LUGO

Na mobilización de Vigo --cidade na que se celebraron as protestas máis multituidarias- participou o portavoz de En Marea, Luís Villares, que estivo presente nas dúas protestas convocadas. Defendeu a "reivindicación lexítima de chegar con dignidade a final de mes", criticando a "ridícula subida do 0,25%". "A xente, despois dunha vida de traballo, ten dereito a chegar con dignidade a fin de mes", engadiu.

Luís Villares avogou pola "revalorización das pensións acorde á subida do nivel de vida, a subida das pensións mínimas para alcanzar o limiar mínimo, e que non se esqueza que moitas pensións galegas están a servir para completar a precariedade laboral que viven os fillos e netos dos pensionistas".

"É necesario viabilizar o sistema de pensións. Hai que estar aquí non só polos pensionistas de hoxe, senón polos de mañá", engadiu Villares, quen esixiu "condicións dignas de traballo para a xente nova que non as teñen", como garantía a pensións dignas.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tamén presente na mobilización de CCOO e UXT en Vigo, lembrou que "unhas pensións dignas é unha prioridade para os socialistas". "É preciso facer rectificar ao goberno da dereita que non quere garantir por lei o aumento das pensións co aumento do IPC, o nivel de vida, no conxunto do Estado", agregou.

Caballero incidiu tamén en que as pensións en Galicia son máis baixas que no conxunto do Estado, "pensións de viuvez, de réxime agrario, de autónomos de cantidades cuantiosas pero de importes moi mínimos para a cidadanía".

O líder dos socialistas galegos insistiu en que o PsdeG "vai marcar o seu apoio constante ao longo deste e os anos que veñen para volver ao Pacto de Toledo e garantir por lei o incremento das pensións co IPC e o incremento das pensións mínimas".

Pola súa banda, a deputada do BNG Olalla Rodil, que participou na protesta da CIG en Lugo, reivindicou o traballo da súa formación por "recuperar as condicións de traballo que son o motivo polo que esta en cuestión do sistema público de pensión, non só incremento pensións IPC, condición sine quanon é derrogación das reformas laborais, do PP e do PSOE

Rodil lembrou que CCOO e UXT apoiaron a reforma laboral, que subiu a idade de xubilación aos 67, e a folga xeral en solitario convocada nese momento pola CIG, unha "ferramenta principal para defender as condicións de vida dignas" que sostén que "é a única vía para tamén garantir o sistema público de pensións".

Mobilización en Santiago de CCOO y UGT a favor das pensións
Mobilización en Santiago de CCOO y UGT a favor das pensións
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 galegoexiliado

Manda trillos, hai que ter cifuentes. Mais manifestantes defendendo a caza que defendendo as pensions. Aguanta Mariano, se fuerte.

6 Anti Ñ

Sindicatos mareantes, sindicatos de farsantes. https://elpais.com/diario/1996/10/1...

5 Xanc

CCOO e UGT pactaron a reforma laboral co PPSOE que nos fará traballar ata os 67 anos. Como van ir xuntas á mani se hai diferenzas de fondo coa CiG. A CiG non pactou esa reforma de recortes dereitos sociais. Os CCOO da Marea terán que explicarnos por qué firman co PPSOE e logo maniféstanse en contra diso.

1 comunista independentista

Os CCOO da Marea? En serio? XDDDD Sabes que onde as mareas teñen máis votantes é entre as afiliadas da Cig? É moi triste para vós, pero é así. Hai que roelo. Iso e a derrota da UPG no congreso estudantil de onte ;)

2 chovichová

mira que dia parvadas chovi!!!, es que lo que peta e a fpgha e cut apoiando a carme santos defenestrado a villares hdp nas comidicas coa presa politica quinteiro e arrasando cos xeira en erguer!!! ;) ;) ;) o circo mareante , viva a unidão!!!

4 Gamela

Curioso que ninguén fale contra os 214 millóns de euros que Feijoo pretende REGALAR aos "emigrantes retornados" (que nin son emigrantes nin se sabe a que se dedican no estranxeiro) para repoboar Galicia con "mafiosos varios" (pretende traer a 22.000 dos que o 20% deben ter menos de 43 anos) ? Hay cartos para os que viviron fóra e non hai cartos para os que COTIZARON aquí ?

3 Dalle que libras

Todos xuntos: CCOO, UGT e CIG, xuntos para rebentar o movemento unitario en defensa do sistema público de pensións que se vai mobilizar MAÑÁ LUNS