Temas: CINEMA

O filme galego Dhogs leva un dos grandes premios do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas

Foi a película máis laureada na historia dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego conseguindo 13 figuras en 15 categorías.

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 16/04/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A película galega Dhogs acaba de recibir o premio da crítica do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas (BIFFF), un dos máis importantes do mundo neste xénero.

Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira. Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira.
Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira. Morris, no filme 'Dhogs', do director e guionista lucense Andrés Goteira.

O filme dirixido por Andrés Goteira é a película máis laureada na historia dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego conseguindo 13 figuras en 15 categorías. Ademais anteriormente foi galardoada á Mellor Longametraxe nos Festivais Split de Croacia, Nocturna de Madrid, no que tamén recibiu o premio a mellor actor Carlos Branco e no Alxeciras Fantástica.

Dhogs ten un amplo percorrido en festivais nacionais e internacionais e foi a primeira película rodada en galego en chegar á Sección Oficial do prestixioso Festival de Sitges. O próximo 18 de maio estrearase en cinemas con preestreas o día 17 de maio con motivo da celebración das Letras Galegas.

Temas: CINEMA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta