O BNG pide unha tarifa eléctrica galega para conseguir una rebaixa do 15% na factura

Ana Pontón critica a suba dun 87% na factura da luz de compañías españolas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2018 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O BNG anunciou unha "ofensiva parlamentaria" para conseguir unha tarifa eléctrica galega que permita que Galicia "se beneficie de ser produtora neta de enerxía" e poida ter unha rebaixa do "15%" na factura da luz. Con este obxectivo, segundo destacou este luns a líder do Bloque, Ana Pontón, a formación nacionalista presentará unha proposición de lei no próximo pleno da Cámara galega para reclamar esta tarifa que implicaría "nun recibo de 150 euros un aforro de 22,7 euros".

Ponton Anuncia Ofensiva Para Abaratar Recibo Luz
Ponton Anuncia Ofensiva Para Abaratar Recibo Luz | Fonte: Europa Press

E é que conforme sinalou, no caso da electricidade, a factura aumentou un 87% na última década, mentres os salarios e as pensións perderon poder adquisitivo. A iso, apuntou, súmase que a pesar de que os galegos xa pagan unha "das facturas máis caras" de Europa, esta podería subir "porque o Goberno central quere repercutir o imposto da contaminación na persona consumidora".

"Nun país que produce electricidade en abundancia, 450.000 persoas non poden acender a calefacción e 73.000 fogares teñen dificultades para pagar a factura da luz, a cifra máis alta desde 2013, indicativo de que a tan publicada recuperación non está a chegar ás familias", censurou. Todo iso, engadiu, mentres o Partido Popular "limítase a medidas cosméticas como o billete eléctrico que este ano aínda non se puxo en marcha".

"OLIGOPOLIO ELÉCTRICO"

Ante estas cuestións, a líder dos nacionalistas galegos emprazou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a situarse no próximo pleno. "Feijóo ten que optar entre porse ao lado dos galegos, ao lado de ter unha factura da luz máis baixa, ou ao lado do oligopolio eléctrico e das portas giratorias que usaron tanto PP como PSOE", advertiu.

Ademais, despois de lembrar a lista de responsables de ambos os partidos que terminaron nos consellos de administración de grandes empresas após o seu paso polo Goberno do Estado, sinalou que en Europa si existen tarifas eléctricas diferenciadas en países como Inglaterra, Alemaña ou Suíza, en función do custo da rede en cada territorio.

PENSIÓNS

Por último, referiuse ás últimas mobilizacións protagonizadas por pensionistas para esixirlle ao Goberno que "tome nota porque non van tirar a toalla" no seu empeño en mellorar as súas prestacións de xubilación e a recuperación do poder adquisitivo.

"Teñen dereito a unha pensión digna e deben ser escoitados polo Partido Popular, porque non van quedar calados nas súas casas mentres lles rouban", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Guillerme Gintonic

A ver cando o BNG fai o mesmo en Pontevedra: http://www.publico.es/sociedad/feri...

1 Berros galegos

E para cando unha rebaixa do 50% do soldo da Pontona?

1 xacobe

Nivelazo o teu!!

2 berros ingleses

Se es máis tontom medras pra baixo. Non me extrana que este país estea como está. Pois mira home, en Euskadi xa teñen unha tarifa propia na práctica, á chita calando

3 Fuilco

Notase ben quen está a facer méritos para trepar no BNG a base de facer a pelota á xefa. Canto vasaio.

4 Nin se che nota

Xa o ten rebaixado Tontón, que ten que darlle ao Bloque case a metade do que cobra entre outras cousas para pagar os pufos que deixaron os que escaparon con actas

5 Nin se che nota

Xa o ten rebaixado Tontón, que ten que darlle ao Bloque case a metade do que cobra entre outras cousas para pagar os pufos que deixaron os que escaparon con actas