Os portugueses son a principal comunidade estranxeira en Galicia

Logo está Romania (case 3.000), Brasil (2.044 cotizantes), Marrocos (1.864), Venezuela (1.577) e China (1.473).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2018 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O número de medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia chegou a 33.407 en marzo, o que supón un 2% máis que no mes anterior, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Traballador estranxeiro
Traballador estranxeiro | Fonte: Europa Press

Deste xeito, hai un crecemento interanual do 11,09%. Galicia ocupa o duodécimo posto entre comunidades por número de afiliados estranxeiros, tan só o 1,78% dos 1.836.173 existentes en España. En Galicia, o total de 33.407 afiliados por réximes distribúense así: 21.543 correspóndense co xeneral; 1.183, ao agrario; 3.238, ao do fogar; 6.166 ao de autónomos e 1.277 ao do mar. Segundo os datos publicados este martes polo Ministerio, na Comunidade galega 19.018 afiliados estranxeiros son homes e 14.390, mulleres

Do total de cotizantes estranxeiros, 14.808 proceden de países da Unión Europea e 18.599 de extracomunitarios. En canto aos primeiros, a maioría de afiliados procede de Portugal (7.362), seguido de Romanía (2.962), Italia (1.414), Reino Unido (722) e Francia (628). Mentres, os principais países extracomunitarios de procedencia son de Brasil (2.044 cotizantes), Marrocos (1.864), Venezuela (1.577), China (1.473), Colombia (1.409) e República Dominicana (1.058).

DATOS ESTATAIS

En España, a Seguridade Social gañou 37.639 cotizantes estranxeiros en marzo, un 2% máis en relación ao mes anterior, até situarse o número de inmigrantes en alta en 1.873.813 ocupados.

Bandeira de Portugal
Bandeira de Portugal | Fonte: jornaldominho.pt

Con este aumento, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social encadea dous meses consecutivos de alzas mensuais despois de experimentar en febreiro un incremento de 21.082 cotizantes.Do total de inmigrantes en alta na Seguridade Social ao finalizar marzo, 1.559.712 cotizaban no Réxime Xeral; 309.771 en Autónomos; 4.210 no Réxime do Mar, e 121 no do Carbón.

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros aumentou o pasado mes de marzo en 134.093 persoas. En termos relativos, o crecemento anual da afiliación de estranxeiros situouse no 7,7%, o seu mellor dato nun mes de marzo desde 2008.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta