Temas: PESCANOVA ABANCA

Abanca inviste en Pescanova para "favorecer a industria galega"

O banco destaca que a industria pesqueira é "unha empresa galega chave en termos de xeración de emprego".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/04/2018 | Actualizada ás 08:40

Comparte esta noticia

Abanca aposta por Nova Pescanova. A empresa pesqueira xurdida da quebra da vella Pescanova anunciou nas últimas semanas que está aumentando o seu negocio e aumentando as súas inversións.

Fachada De Nova Pescanova
Fachada De Nova Pescanova

O banco acaba de comunicar que ampliou ata un 9,024 % a súa participación en Pescanova, "unha empresa galega chave en termos de xeración de emprego", destaca. Segundo indica nun comunicado, a participación de Abanca no grupo alimentario pasou dun 5,465 % ao 9,024 % tras as compras realizadas nas últimas semanas a Deutsche Bank (0,068 %) e posteriormente a Bankia (3,491 %).

A entidade que preside Juan Carlos Escotet destaca a súa vocación de "favorecer" o desenvolvemento da industria galega, "con especial atención ao sector marítimo".

Temas: PESCANOVA ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta