O Colexio de Avogados de Santiago adianta o pago da quenda de oficio do primeiro trimestre pola folga

O Colexio de Avogados de Santiago, como fixo o da Coruña, decidiu adiantar o pago da quenda de oficio do primeiro trimestre para compensar "o prexuízo económico da folga na Xustiza" A xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago aprobou por unanimidade, nunha sesión extraordinaria e urxente, "efectuar, con cargo aos fondos propios da tesouraría do colexio, o pago das actuacións da quenda de oficio e das asistencias ao detido correspondentes ao primeiro trimestre de 2018".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2018 | Actualizada ás 15:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Colexio de Avogados de Santiago, como fixo o da Coruña, decidiu adiantar o pago da quenda de oficio do primeiro trimestre para compensar "o prexuízo económico da folga na Xustiza"

A xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago aprobou por unanimidade, nunha sesión extraordinaria e urxente, "efectuar, con cargo aos fondos propios da tesouraría do colexio, o pago das actuacións da quenda de oficio e das asistencias ao detido correspondentes ao primeiro trimestre de 2018".

Presidida por Francisco Rabuñal, a xusta argumenta que toma esta decisión "ante os prexuízos económicos que a dilación da folga indefinida dos funcionarios da xustiza está a causar entre os profesionais da avogacía".

Desta maneira, o Colexio de Avogados de Santiago adianta o primeiro pago trimestral do ano, cuxa certificación ante a Dirección Xeral de Xustiza realizarase nos próximos días, "para evitar así unha espera aproximada dun mes, que é o tempo que adoita tardar a Dirección Xeral en abonar os importes da quenda unha vez aprobada a certificación remitida polo colexio".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta