Temas: ORDES

"Non queremos tres mega parques eólicos na comarca de Ordes dunha empresa de Arabia Saudí"

Veciños demandan "transparencia" das corporacións locais e néganse á instalación de "tres mega parques eólicos a costa de que poñan en perigo o futuro da vida no rural".

Por Galicia Confidencial | Ordes | 18/04/2018 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

Veciños da comarca de Ordes confésanse "moi preocupados" pola futura instalación de tres mega parques eólicos de 15 aeroxeradores cada un e cunha potencia de 52 megawatts cada un, situados a menos de cen metros das casas, preto mesmo do colexio do Mesón do Vento, polo medio do Camiño de Santiago, en zonas nas que existen explotacións agrarias e gandeiras, con regatos polo medio, zonas de caza, etc. Esta é a súa denuncia, que pretenden facer chegar aos alcaldes da comarca.

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: DUVI.

"A cuestión vai máis alá dos aeroxeradores en si, porque tamén hai que contar con todo o traxecto que farían as liñas de evacuación da enerxía producida que terían que construír, e as subestacións eléctricas, unha das cales iría no Hospital de Bruma, aldea conocida polo albergue de peregrinos que acolle", expoñen.

O primeiro dos parques do que tiveron coñecemento chámanlle Parque eólico de Ardemil, e pasaría por Buscás, Faramilláns, O Seixo, Mesón do Vento e Patrocelos, A Pedreira, A Igrexa, O Castro, O Campo do Sino, O Coto ou O Porto en Vilamaior, Froxil, A Tarroeira, Morgade... É dicir, afectaría a máis de 2.000 habitantes, máis dun 15% da poboación do concello de Ordes.

A outro dos parques chámanlle Parque eólico de Lavandeira e afecta a Vilasantar e Curtis. Mentres que o terceiro é o Parque eólico da Pobra, que afecta a Mesía, Cesuras e Abegondo, pasando por Xanceda, Bascoi, Filgueira de Traba ou Visantoña.

"E todo isto, soubémolo de casualidade. Porque nin os respectivos Concellos nin ninguén nos informou como debería desde o inicio, desde que souberon que había estes proxectos. A maioría dos veciños e veciñas soubémolo cando xa pasara o prazo de consulta pública e para presentar as alegacións ao proxecto inicial", quéixanse os veciños.

No caso do de Ardemil, o prazo rematou o 11 de abril e no caso do de Lavandeira, o 13 de abril. No da Pobra o prazo aínda rematará o 24 de maio.

Ante esta situación, algúns veciños acudiron ao Concello de Ordes, ao sábado de portas abertas co Goberno local, para preguntarlle ao alcalde —José Luis Martínez Sanjurjo (PP)— sobre estes proxectos.

"O alcalde intentou quitarlle ferro ao asunto", din os denunciantes, "asegurando que a fase de consulta pública regulada polo artigo 34 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, da avaliación ambiental, é para o plantexamento de alegacións por parte de organismos ou entes públicos, e que en dita fase non teñen cabida as alegacións de particulares, por máis que nos sintamos afectados".

Mais estes veciños din "non entender a que ven esta mentira por parte do rexedor, xa que o título do citado artigo 34, segundo se recolle no BOE núm. 296 do 11 de decembro de 2013, é «Artigo 34. Actuacións previas: consultas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas e elaboración do documento de alcance do estudo de impacto ambiental»”

No que se refire á preocupación veciñal que suscita a proximidade ás casas dos muiños proxectados, os denunciantes aseguran que o alcalde mantén que "non existe unha distancia mínima de seguridade legalmente recoñecida", afirmación que para os veciños "aumenta máis" a súa preocupación, xa que "o Plan Sectorial Eólico de Galicia di no seu capítulo III. Estudo de Incidencia Territorial, apartado 3.1. Núcleos de poboación: «(…) a distancia ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable sectorializado, será como mínimo de 500 metros»”.

DEMANDAS

Os veciños que fan esta denuncia teñen como obxectivo que "todos os alcaldes e todos os grupos políticos municipais dos concellos afectados (Ordes, Mesía, Cerceda, Carral, Abegondo, Vilasantar, Curtis e Cesuras) cumpran co seu deber e nos defendan como representantes públicos que son, non que traten de ocultarnos información e de tranquilizarnos con palabras que non tranquilizan a ninguén", manifestan.

Os denunciantes demandan "transparencia" das corporacións locais e néganse á instalación de "tres mega parques eólicos a costa de que poñan en perigo o futuro da vida no rural".

"Non queremos tres mega parques eólicos cuxa matriz da empresa promotora está en Arabia Saudí" —Green Capital Power, que é a promotora, está vinculada con Florentino Pérez, presidente do Real Madrid, e con Arabia Saudí—, avisan estes veciños, para quen "estes parques eólicos destruirían moito máis do que crearían", xa que "traerían ruído, acabarían coa tranquilidade, impedirían que se poida plantar en moitas fincas, que se poida cazar, provocan interferencias nos aparellos e moitísimas cousas máis que nos estamos vendo obrigados a averiguar porque non se nos está informando como se debería", din.

Eses muíños superarían os 160 metros de altura e os 130 metros de diámetro, avisan os denunciantes, que alertan de que tamén "superarían o máximo de megawatios (50) para que a tramitación de autorización lle corresponda á Xunta. Por iso a competencia para a súa autorización lle corresponde ao Estado e non á Comunidade Autónoma".

"A vida dos veciños e veciñas vale máis que os intereses das grandes multinacionais eléctricas. Reclamamos responsabilidade por parte dos equipos de Goberno, por parte de todos os partidos políticos, por parte de todos os colectivos sociais activos nas comarcas e facemos un chamamento a todas as persoas para entre todos poder frear esta locura", conclúen.

Temas: ORDES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

1 SAN DIONISIO

Señores cando o partido putrefacto sacou a paga do nadal, foi o primer inicio da islamización da galiza, intentan transmutarnos en al-andalus, no que non somos os galegos, por iso temos o ali-marijuano e os reises xuntos cos príncipes da rabia saudista (que propagan o yinhadismo e o atentado do ahí-tequedas do estado islámico) que será o seguinte sacar o de comer a carne do porco e suprimir os viñedos??? o PP (PEPEIRO) tratou de engañar cando foron os atentados dos trens de Madrid, cando foi o atentado de Barcelona, decían de Bascos pero eran de musulmanato, ppreparadevos as clases do catecismo poden ser rápidamente trasnformadas en madrasas, e as eirexas en mezquitas.... queres acaso rematar rezando cara a meca??? queres transformar os aleluias e alellas coránicas... vemos un.ha e outra vez o marijuano, os reises desfrazados con ropaxes islamizadoras, E O INICIO DO CALIFATO E DA SUMISION... EXPAÑA= ANDALUS!!!! - https://www.youtube.com/watch?v=_RA...