Rescatado un surfeiro arrastrado pola corrente nunha praia de Ferrol

Unha persona que practicaba surf na contorna da Praia de San Jorge, en Ferrol, foi rescatada na tarde do mércores cando era arrastrada pola corrente.

Ferrol | 19/04/2018 | Actualizada ás 09:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persona que practicaba surf na contorna da Praia de San Jorge, en Ferrol, foi rescatada na tarde do mércores cando era arrastrada pola corrente.

Segundo informou o 112 Galicia, a chamada dun compañeiro sobre as 18,00 horas levou a activar un operativo no que interviñeron efectivos de Salvamento Marítimo da Coruña.

Deste xeito, ao lugar desprazouse un equipo abordo do helicóptero 'Helimer 401', que sacou ao surfeiro da auga e trasladouno até o Aeroporto de Alvedro. Unha vez alí, comprobouse que estaba "en perfecto estado de saúde", indicaron as mesmas fontes, polo que se descartou a asistencia médica.

Ademais do helicóptero, por parte de Salvamento Marítimo enviouse unha embarcación, que se encargou da recollida da táboa de surf para evitar que quedase á deriva.

Co afectado practicaba deporte outra persona, que tratou de rescatar ao compañeiro pero, após varios intentos errados, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta