O Sergas prorroga o seu acordo coa multinacional Novartis ata 2020

O obxectivo do convenio é “promover a investigación e a formación orientadas a mellorar a atención sanitaria”. Esta multinacional sanitaria leva operando conxuntamente coa Xunta desde 2014. A oposición denuncia a "privatización e venda" da sanidade pública.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2018 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

A empresa Novartis e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) renovaron o seu convenio de colaboración para mellorar a atención sanitaria a partir da promoción da investigación e a formación científica neste ámbito. Un acordo asinado polo propio Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia e Concha Marzo, directora de Relacións Institucionais do Grupo Novartis, e Matías Pérez, director de Market Access de Novartis Farmacéutica.

Antonio Fernández-Campa, xerente do Servizo Galego de Saúde, Concha Marzo, directora de Relacións Institucionais do Grupo Novartis, Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, Matías Pérez, director de Market Access de Novartis Farmacéutica, e Silvia Estévez, Rexional Account Manager en Novartis
Antonio Fernández-Campa, xerente do Servizo Galego de Saúde, Concha Marzo, directora de Relacións Institucionais do Grupo Novartis, Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade, Matías Pérez, director de Market Access de Novartis Farmacéutica, e Silvia Estévez, Rexional Account Manager en Novartis | Fonte: Novartis

O convenio marco de colaboración entre o Sergas e Novartis foi subscrito o 30 de setembro de 2014, e coa nova firma establécese a súa prorrogación, cun prazo máximo que finalizaría o 2 de outubro de 2020.

O acordo, segundo a empresa, "favorecerá a promoción da investigación, a formación e a innovación", así como a realización de estudos e o intercambio de coñecemento científico técnico entre profesionais do sector, co obxectivo de mellorar a atención sanitaria e contribuír a garantir a sustentabilidade do sistema sanitario.

“Como compañía dedicada ao coidado da saúde das persoas, unha das nosas prioridades é promover sinerxías e iniciativas que fomenten a formación e a innovación no ámbito da saúde co fin de mellorar a calidade de vida dos pacientes”, destacou Concha Marzo. Desde a oposición tense criticado este tipo de convenios por supoñer, din, "a privatización e a venda" da sanidade pública.

NOVARTIS

Novartis é unha multinacional sanitaria. Con sede en Basilea, Suíza, dispón dunha ampla carteira de produtos para responder ás necesidades sanitarias; medicamentos innovadores, medicamentos xenéricos e biosimilares que axudan, din, “ao aforro de custos e coidado da visión”.

En 2017, o Grupo logrou unha cifra de vendas de 49.100 millóns de dólares USD e investiu, aproximadamente, 9.000 millóns de dólares USD en actividades de I+D. As compañías do Grupo Novartis contan aproximadamente con 122.000 empregados. Os produtos de Novartis véndense en aproximadamente 155 países de todo o mundo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr.Bacterio

Como si non se van financias os Congresos Médicos e os viaxes ós mesmos