Temas: PUBLICIDADE AGRO

Tirar de ADN galego tamén ten premio

A start-up Terra de Preguntas logra dous premios de ouro en Alimentaria; os máximo galardón nas categorías Best Branding Packaging e Best Branding Corporate Identity.

Por GC Emprende | A Coruña | 19/04/2018 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Un deseño innovador e mensaxes en forma de preguntas tan retranqueiras como o ADN galego conquistaron ao xurado dos Best Awards, os únicos premios de creatividade en mercadotecnia dedicados ao sector da alimentación organizados en colaboración con Alimentaria, a feira máis importante do sector en Europa que se clausura este xoves en Barcelona.

Mercadotecnia de Terra de Preguntas para uns chourizos galegos
Mercadotecnia de Terra de Preguntas para uns chourizos galegos

Así, a start-up Terra de Preguntas obtivo a máxima distinción en dúas modalidades: Ouro en Best Branding Corporate Identity e Ouro en Best Branding Packaging, polo deseño da identidade corporativa da marca e do envase dos seus produtos, un traballo realizado pola axencia de publicidade Bap&Conde.

O xurado, formado por profesionais do deseño e representantes de grandes firmas de alimentación, valorou a imaxe innovadora de Terra de Preguntas, creada fai menos dun ano por un grupo de produtores e coproductores galegos que apostan por manter vivo o campo galego e os seus produtos combinando a alta calidade cun sabor superior.

RETRANCA

A estratexia de marca deseñada polos creativos de Bap&Conde nace baixo a idea de gozar de Galicia, mesmo antes de probar o produto. Este obxectivo materializouse nunha forma de comunicarse diferencial, que vira ao redor das preguntas: O marisco traíalo ti? A teoría da relatividade era galega? Onde manda o lacón non manda mariñeiro? Todo bo chourizo debería estar entre reixas? . Estas preguntas son a carta de presentación de embutidos, conservas, queixos, marmeladas, licores, viños e mel.

Terra de Preguntas é unha iniciativa cento por cento galega que aposta por dar valor e visibilidade a uns produtos gastronómicos froito do saber facer de pequenas e medianas explotacións que comparten o ADN galego.

Temas: PUBLICIDADE AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta