O PSdeG censura a "absoluta incompetencia" de Rueda na xestión do conflito de xustiza

A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, criticou a "absoluta incompetencia" demostrada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na xestión do conflito de xustiza despois de que a reunión mantida cos sindicatos o mércores finalizase de novo sen acordo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2018 | Actualizada ás 18:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, criticou a "absoluta incompetencia" demostrada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na xestión do conflito de xustiza despois de que a reunión mantida cos sindicatos o mércores finalizase de novo sen acordo.

Nun comunicado remitido aos medios, a responsable socialista reclama "explicacións inmediatas" das negociacións cos traballadores e acúsao de utilizar a "estratexia da mentira, aplicando a mesma doutrina que a de Cifuentes".

Así mesmo, a dirixente socialista aludiu ao suposto preacordo que o conselleiro "dá por asinado cos sindicatos", que compara co máster "pantasma" da presidenta madrileña. "Se o ten, que o mostre de inmediato e, se non o ten, debe ser cesado polo señor Feijóo por mentir e enganar a todos os galegos", manifestou.

Paloma Castro esixe a presenza do conselleiro en sede parlamentaria para dar conta da súa xestión da crise "que lle desborda claramente" e coa que "está a condenar a miles de galegos a atrasos de anos na aplicación dun dereito básico como é a xustiza".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta