Case 1.000 litros por metro cadrado en Compostela nos primeiros cen días de 2018

Segundos os datos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, este ano atópase entre os máis chuviosos dos últimos 35 anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/04/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Dende o pasado mes de novembro, en Santiago caeron máis de 1.200 litros por metro cadrado de chuvia, dos que 910 correspondéronse aos cen primeiros días do presente ano, unha cifra que, sen marcar récords, sitúa o presente 2018 nos primeiros postos da relación de anos máis chuviosos dende 1983.

Chuvia nas rúas de Santiago
Chuvia nas rúas de Santiago

Segundos os datos recompilados polo director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, a lista dos anos con maior volume de precipitacións nos seus primeiros cen días está encabezada de xeito destacado polos 1.413 litros por metro cadrado do ano 2001, rexistrados en 72 días distintos, seguido por 2014 con 1.098 litros/m ao longo de 79 días con precipitacións e por 2016, cando se recolleron 1.048 litros en 68 xornadas. Séguenlle os anos 2013 (1.003 litros en 80 días), 1985 (924 litros en 64 xornadas) e o actual de 2018 (910 litros en 79 días).

TEMPERATURAS BAIXAS

A maiores dos datos dos cen primeiros días de cada ano, o director do Observatorio Astronómico da USC destaca que no caso de 2001, o comezo de ano veu precedido dun mes de decembro con “moitísima precipitación”, xa que se recolleran 782 l/m. Aínda que con menores cantidades, a mesma situación se viviu no mes de decembro previo aos anos 2013, 2014 e 2018.

"Este ano a sensación de longa invernía estivo acrecentada polas baixas temperaturas que, neste primeiro centenar de días non superaron os 16,4° do 9 de marzo, cando a media das temperaturas máximas dese mes en Compostelán sitúanse en 22°”, asegura Docobo.

No outro extremo, o dos anos con menor volume de precipitacións, e segundo os datos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, á fronte da lista atópase 2012 cando se recolleron 111 l/m en 34 xornadas, seguido de 2000 (231 l/m) e 1993 (264 (l/m).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta