O PP da Coruña prevé case 4.000 persoas na súa 'II Romaría Popular' que celebra este sábado en Santiago

Orquestra, xogos para nenos e un menú de empanada, polbo e 'carne ao caldeiro' por unha entrada de 20 euros para os adultos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

A 'II Romaría Popular' do PP coruñés celbrarase este sábado en Santiago, no recinto feiral de Amio, e que contará coa presenza do líder do PP galego e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo, na primeira 'romaría' popular do PP da Coruña
Feijóo, na primeira 'romaría' popular do PP da Coruña | Fonte: Europa Press

Por segundo ano consecutivo os populares coruñeses organizan esta romaría. Á reunión ademais de Feijóo, está previsto que acudan o presidente do PP coruñés, Diego Calvo, e os conselleiros da provincia. Fontes do PP provincial avanzaron que para esta cita mobilizáronse autobuses co fin de que poidan acudir simpatizantes e afiliados dos distintos concellos da Coruña. Esta reunión concíbese como unha xornada de lecer.

Para o encontro haberá orquestra, xogos para nenos, inchables e tamén un menú composto por empanada, polbo e 'carne ao caldeiro'. A entrada ten un custo de 20 euros para adultos, dez para os menores de 13 anos e é gratis até os 5.

O PP compostelán celebrou que esta cita teña lugar en Santiago, o encontro do ano pasado foi no Pino. Os populares coruñeses sinalaron que a festa tamén busca potenciar "a importancia e valor das cidades" fronte aos "malos tratos" que, critica, "sofren por parte das mareas".

SEGUNDA EDICIÓN

A deste sábado será a 'II Romaría Popular' que organiza o PP provincial coruñés, xa que o ano pasado o concello do Pino acolleu un evento das mesmas características. Alí os populares aproveitaron para ensinar músculo, reivindicar a unidade e evidenciar que a súa maquinaria, ante as eleccións municipais de 2019, está activa.

Para iso, recuperou un modelo de celebración que identificou a formación na época de Manuel Fraga. Lembrouno na cita o propio Diego Calvo, quen destacou a "importancia" de recuperar "vellas e boas tradicións" como esta romaría que, na súa opinión, demostra que os populares, "ademais de traballar xuntos, saben pasalo ben xuntos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta