Os exministros Blanco e Sevilla celebran estar ante "o final" de ETA e reivindican o traballo do Goberno de Zapatero

O líder do PSOE galego considera que o comunicado da banda é "un paso necesario e na dirección correcta", aínda que chegue "tarde"

Santiago de Compostela | 20/04/2018 | Actualizada ás 12:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O eurodeputado e exministro de Fomento José Blanco celebrou este venres estar "a ver o final" da banda terrorista ETA, á vez que reivindicou o traballo do Goberno do que formou parte, presidido polo socialista José Luís Rodríguez Zapatero.

José Blanco e Gonzalo Caballero, nunhas xornadas en Santiago
José Blanco e Gonzalo Caballero, nunhas xornadas en Santiago | Fonte: Europa Press

Na inauguración dunhas xornadas en Santiago, Blanco indicou que acababa de falar con Zapatero e mostrou a súa "gran satisfacción" por que ETA "por fin pedise desculpas".

Neste sentido, lamentou que o terrorismo causase "tanta barbarie" e "tanto dor", e viu este "paso máis" cara ao seu final "froito" do traballo do Goberno de Zapatero, do que formaron parte tanto el como Jordi Sevilla, presente nas xornadas.

De feito, Sevilla, despois, ao comezo da súa intervención, tamén tivo palabras para celebrar esta noticia e mostrar o apoio dos socialistas ás vítimas.

"IMPERIO DA LEI"

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que a comunicación feita por ETA é "un paso necesario e na dirección correcta", aínda que "chega tarde" e podería terse producido "décadas" atrás.

Caballero tamén fixo referencia explícita ao Executivo de Zapatero, para "pór en valor", en suma, o "o traballo do Estado", do "imperio da lei" e de toda a sociedade española en defensa das "liberdades".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Blanco aínda non pagou polas vítimas de Angrois !!!