Alfonso Rueda asegura que o terror de ETA "non se esquecerá nunca"

O vicepresidente da Xunta sinalou que "non vai conseguir en ningún caso" algún tipo de "comprensión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2018 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

O tamén conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polo comunicado publicado este venres por ETA. Nese documento ETA recoñece "o dano que causou" e mostra "o seu compromiso coa superación definitiva das consecuencias do conflito e coa non repetición".

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta

Para Alfonso Rueda, a "única boa noticia" respecto deste comunicado é "pensar que non vai haber máis sufrimento" e que "non vai haber máis mortes". "Pero compresión ou algún tipo de entendemento para justificar o que fixeron, nada", sinalou

"Ese terror que durante moitos anos tivo que vivir a sociedade vasca, en primeiro lugar, pero a española en xeral e tamén en Galicia, iso non se esquecerá nunca e comprensión para os que o fixeron, ningunha", manifestou. Así mesmo, mostrou o seu desexo de que a declaración sexa "certa" e que nunca máis "se vaia a repetir isto". "Alégrome, ademais, de que non conseguisen os seus obxectivos", apuntou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 dimision do inclito

O QUE FALTABA .... agora roda valenciano anda a politizar a loita contra o terrorismo nunha actitude que anda no gumio da idocia profunda, señores!!! pepeiros!!!! pero non ven, non ven acaso as pifias que anda a cometer o rueda valenciano, as marcas comenzan a ser moitas DESASTRE NA XUSTIZA, DESASTRE NA LOITA CONTRA OS LUMES FORESTAIS, E AGORA DESASTRE POLITICO CONTRA A LOITA ANTITERRORISTA, frijoles non marches de vacacions sin cesar iste elemento, antes non valia para nada era carga do partido pepeiro na xunta pero agora xa e un valor negativo... tes que licencialo, tes que cesalo, tes que botalo o cubo do lixo... anda e mellor sácalo... SACALO!!! antes de que faga algún-ha mais ... a roda non roda!

1 Tocabolas

Moi Ben Mister Rueda...para ser o Círculo Perfecto só lle falta a vostede remachar con que o Terror Franquista non se esquencerá endexamais e que non conquerirá ningún tipo de compresión por parte do PP...claro que seria adxurar do Fundador (Fraga) e dos multiples exfacciosos camaradas (Fdez. de Mesa; Mendez de Vigo; Aznar;....)......xa o dicia o meu Tío: pero que ben vivian vostedes con ETA exercendo!!!.