Temas: FOLGA XUSTIZA

Sindicatos da Xustiza piden retomar as negociacións de forma "inmediata"

O comité de folga recorda á Xunta que "continúa avalado polos traballadores".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2018 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O comité de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia solicitou á Xunta a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación para "retomar o diálogo" e poder "chegar a un acordo" que poña fin á folga.

Funcionarios de xustiza protesta
Funcionarios de xustiza protesta | Fonte: Europa Press

Nun escrito entregado no rexistro da Xunta en Pontevedra, os sindicatos SPJ USO, Alternativas na Xustiza CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO. lembran que o comité "continúa avalado polos traballadores" do ámbito da Xustiza galega como representante nas negociacións "en defensa dos seus dereitos".

Cando están a piques de cumprirse dous meses e medio de folga, e tras a reunión celebrada o pasado mércores coas negociacións "rotas pola representación da Xunta", o comité lembrou que "mantén a súa disposición ao diálogo".

Por iso, "solicita a inmediata convocatoria da mesa de negociación para retomar o diálogo e poder chegar a un acordo que acabe co conflito", finaliza o documento.

Temas: FOLGA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta