O BNG impugna a reprobación da Mesa do Parlamento ao deputado que rompeu unha foto de Felipe VI

A formación frontista considera que o acordo se adoptou de forma "arbitraria" e que atenta contra a "liberdade de expresión"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2018 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O BNG impugnou o escrito de reprobación da Mesa do Parlamento ao deputado nacionalista Luís Bará por romper unha foto do rei español Felipe VI durante o pleno celebrado a pasada semana. A formación frontista considera que o acordo se adoptou de forma "arbitraria" e "sen ningunha garantía nin respecto das propias previsións regulamentarias" da Cámara galega.

Luís Bará rompe fotos do Rei nunha sesión plenaria do Parlamento de Galicia
Luís Bará rompe fotos do Rei nunha sesión plenaria do Parlamento de Galicia

Así o comunicou este sábado o Bloque Nacionalista Galego que apunta que a decisión da Mesa do Parlamento "afecta o dereito fundamental á liberdade de expresión recollido no Convenio Europeo de Dereitos Humanos".

Durante unha intervención no pleno do Parlamento de Galicia celebrado os días 10 e 11 de abril, Bará rompeu unha fotografía do rei Felipe VI en protesta pola "involución democrática" que, segundo defendeu no seu discurso, atravesa o Estado español.

A Mesa do Parlamento acordou días máis tarde reprobar a actitude do deputado do BNG. Con todo, os letrados da Cámara descartaron impor sancións a Bará porque entenden que as opinións dos deputados no exercicio do seu cargo son "inviolables". Ademais, no momento dos feitos o vicepresidente da Cámara, Diego Calvo, que dirixía nese momento o pleno, non chamou á orde ao parlamentario, polo que se perdeu a posibilidade de que fose amoestado con posterioridade.

SEN AMOESTACIÓN

Neste sentido, no seu escrito, o BNG indica que a mesa "non é competente" para adoptar decisións que afectan a cuestións disciplinarias, xa que, nesa materia, "o regulamento da Cámara ten un apartado concreto onde non se recollen facultades específicas da Mesa para emitir xuízos sobre o decoro ou a dignidade parlamentaria". O propio informe dos letrados, apunta, "sitúa á Comisión do Estatuto como a competente para actuar".

Con todo, critican, "a Mesa obvia absolutamente este informe" e emite "unha decisión a posteriori dun acto que, segundo os propios letrados, debería adoptarse na sesión", na que "non se recibiu nin o máis mínimo reproche pola súa intervención por parte da propia Mesa", indica a formación política.

"Este acordo adoptouse dous días despois da sesión plenaria na que foi realizado o acto que se pretende reprochar, derivado dunha convocatoria con carácter urxente da Xunta de Portavoces, cando o acto se desenvolveu nunha sesión plenaria que discorreu con absoluta normalidade, na que en ningún momento o deputado Luís Bará foi chamado á orde", conclúe o BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 comunista independentista

Agardaron o dictame de Estrasburgo que lle deu a razón os independentistas condenados por queimar un retrato do borbón alcólico. Antes diso non se atrevían, os moi covardes...

1 republica pero galega

os únicos reises bos eran os suevos, desde os católicos, os austriacos e os bombones as cousas foron indo o torto (non son demócratas pois non están postos por referendo democrático sinon por decisión do asasino franco) - https://www.youtube.com/watch?v=E3D...