Viaño, candidato a reitor da USC: "Fixemos un tránsito importante desde a situación económica atopada en 2014"

Juan Viaño considera que a situación despois de catro anos está encarreirada, sobre todo no tema económico. Aínda así, hai voces que critican o facer do seu goberno universitario.

Por Moncho Mariño | Santiago | 22/04/2018 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Vostede mantivo en  suspenso a súa candidatura  ata pouco antes  da data límite para presentar candidatos. Por que?
Había algúns condicionantes de tipo familiar. Eu tamén puxen unha condición que era poder facer una lectura en positivo do meu mandato. Nos últimos meses rematamos algunhas actuacións importantes. Quería coñecer en profundidade como levaramos adiante o plan de institutos e como elaborabamos os orzamentos do ano 2018  e como levabamos as contas.  Así que prefería esperar o final do mandato, exercer como reitor ata o final antes de ser candidato. E como vexo  que esa lectura en positivo se cumpriu, porque fixemos un tránsito importante desde a situación económica que atopamos en 2014, unha quebra  case total da institución. Unha débeda de 50 millóns e un déficit de 16. Tivemos que conducir á universidade de cara a unha situación máis saneada. Tamén puidemos facer cousas importantes, como  ordenar as nosas estruturas académicas e de investigación. Buscamos mellorar a nosa posición e aumentar o noso prestixio. Penso que a comunidade universitaria pode ver unha seriedade e un cumprir o que se dixo, que fan que eu poda ser un candidato posible é un candidato gañador.

O reitor da USC, Juan Viaño, aspira á reelección
O reitor da USC, Juan Viaño, aspira á reelección

Como levou adiante toda esa reorganización tanto académica como orzamentaria?
Elaboramos un plan de equilibrio financeiro, renegociamos a débeda bancaria e ademais devolvemos nestes catro anos catro millóns e medio de euros anuais. Reducimos a débeda de 50 millóns a 30 millóns. O déficit de 16 millóns deixámolo en 9 millóns. Atendemos as necesidades docentes imprescindibles. Estabilizamos o persoal que tiña prazas temporais e en perigo. Funcionamos con recursos limitados pero co esforzo da comunidade universitaria puidemos saír adiante. Pagabamos  as facturas a 140 días e agora a 40. Somos una institución saneada e máis crible.

Se sae reelixido como vai seguir  refinanciado a débeda?
Como a situación é mellor temos a posibilidade de renegociar e alongar os prazos de devolución. Temos prevista por dous anos unha oferta de carencia  e oito de amortizacion e por tanto vai ser posible continuar a devolución da débeda. Isto non compromete o normal funcionamento da universidade. Poderemos aumentar en catro millóns e medio de euros o capítulo de persoal. Ademais, haberá 16 millóns para investimentos imprescindibles, en obras como a facultade de Farmacia.

"A situación económica que atopamos en 2014 era case de quebra da institución"

E sobre a organización académica?
O ano pasado fixemos una reestructuración dos órganos que atenden á docencia. Reorganizamos os departamentos pasando de 76 a 50. Pasamos de 16 a 11 institutos de investigación. Obrigamos aos institutos a ter unha axenda  científica. Creamos catro escolas de doutoramento e o centro Internacional de Estudos de Doutoramento. Tamén fixemos un plano de relaciones internacionais. Apostamos por campus especializados como campus Terra e campus Cidadanía. E agora estamos executando o plan estratéxico para a universidade. Logo está o mapa de titulacións que reorganizamos con novos títulos.

Supoño que no seu programa haberá novas propostas.
Sobre a nosa estructura administrativa, dicir que foi pensado para hai 25 anos. Por tanto, temos que repensar esa estructura  para adaptala ás necesidades de hoxe. Temos que usar da mellor maneira todas as capacidades do noso persoal de administración e servizos. Para isto é necesario reorganizar as unidades  e formalas  para novas necesidades. Tamén prover de prazas novas e consolidación de emprego. Todo isto coa intención de alixeirar a carga burocrática. Somos unha sociedade dixital  e nós temos que trasladar a dixitalización ás nosas funcións. Nese sentido crearemos a vicerreitoría de transformacion dixital. Crearemos un centro  reprodución dixital para apoio á docencia en liña, semipresencial  e virtual e crearemos una oficina de protección de datos. E tamén pensamos nunha APP para os alumnos. Para todo isto aproveitamos a experiencia de membros do equipo anterior e novos membros que se incorporan. Sobre todo é un equipo conformado por unha maioría de mulleres.

"Poderemos aumentar en catro millóns e medio o capítulo para persoal"

O seu rival considera que foron moi drásticas as políticas que adoptou o seu goberno nestes catro anos. Por certo,  é o mesmo rival que nas anteriores eleccións.
Hai que pensar  que cando chegamos as leis nacionais de control do déficit impuxeron  unha taxa  de reposición do 10% en persoal docente e investigador e un 0% en persoal de administración. Isto significaba  que só podíamos repoñer o 10% nas xubilacións para docentes e investigadores. Cando iso se liberou, tiñamos un plan de persoal 2016 - 2020  que permitía atender as necesidades docentes. É certo que houbo unha  contracción de plantel  obrigada polas condicións de control de déficit. Mirando o global do noso mandato, repuxemos  o 65% do noso persoal retirado. Temos xa un acordo  coa Xunta para convocar prazas de cátedra.

As autoridades autonómicas son as que fixan os prezos. Querería que esa competencia pasase  á universidade?
Tamén é competencia do estado porque fixa os prezos de referencia. Os prezos de referencia intentan aplicar o custe de se servizo. Rebaixar o prezo de taxas é  afastarnos dos custes de servizo. As institucións deben ser compensadas para impartir un servizo de calidade. Se os prezos fosen competencia nosa habería que ver o custe social, que ningún estudante deixe de estudar por non poder pagar as matrículas. Se houbese suficientes axudas para os estudantes poderiamos modular os prezos.

Como serán as súas políticas para a maior visibilización da muller na universidade?

A universidade vén traballando no que é  a igualdade de oportunidades desde hai anos. Está a rematar o segundo plan de igualdade entre homes e mulleres. Esa é unha aposta na que tamén somos referentes  en incluir a formación en perspectiva de xénero. No noso mandato elaboramos diferentes protocolos para protexer a igualdade fronte a situacións  como as de acoso.

"Rebaixar o prezo das taxas e afastarnos dos custes do servizo"

Daralle máis voz ao alumnado?
O alumnado ten as súas canles de representación nos órganos democráticos. Por suposto,   teñen toda a voz e a poden exercer  como non pode ser doutra maneira. Pero ademais diso estamos dispostos abrir outras canles de comunicación. Iso sempre con respecto aos órganos estatutarios e apoiaremos o asociacionismo de estudantes. Como o asociacionismo que propugna a igualdade de xénero a diversidade e o emprendemento. Ademais, buscamos  a integración nas actividades dentro da Vicerreitoría de Estudantes, porque a partir de agora será Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade. Desenvolverá actividades relacionadas coa busca de emprego.

Axilizaría os órganos de goberno da Universidade ?
Os órganos de goberno da universidade teñen a súa dinámica de funcionamento. Cada un deles coas súas competencias. Temos un cláustro que marca as liñas xerais da política universitaria como son os orzamentos ou as liñas xerais da programación plurianual. O Consello de Goberno funciona ordinariamente,  nese sentido pretendemos axilizar estes órganos coa  administración dixital. Durante o noso goberno por primeira vez se gravan as sesións de goberno e forman parte da acta. Pero non queremos que o consello de goberno se convirta nun lugar onde se debatan propostas en estados moi primarios. Esa non é a función,  a función é aprobar e gobernar. Nese sentido non vemos moi factible  aumentar a periodicidade das reunións. A súa dinámica precisa de reunir 50 membros. Aí poderiamos usar medios telemáticos para que algúns membros poidan asistir mediante videoconferencia.

Pediría máis autonomía universitaria?
Si, pediría máis. A autonomía universitaria  temos que exercela  en toda su extensión. Nos últimos anos  houbo elementos  que estiveron a piques de conculcar es autonomia. Sobre todo  baseándose en temas como a crise. Temos que defender a nosa autonomía pero outra cousa é confundir iso coa falta de cooperación coas institucións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

8 generochorradas

Yo, señor Viaño, tenía pensado votarle en las elecciones de mañana. Con poco entuasiasmo, eso sí. Eso hasta hace un par de minutos. Y es que mi escaso entuasiamo ha desaparecido por completo al constatar que se ha subido al carro de la nefasta ideología de género. Conmigo no cuente si usted va por esos derroteros.

1 Extranjero

Puedes votarle tranquilo. De igualdad de género nada de nada... Son promesas de cara a la galería, tiempo al tiempo. Lo que tiene que hacer la Universidad es abandonar la estrategia de tratar a los alumnos como clientes cautivos, sin voz ni derechos. Cada vez más alumnos se sienten claramente estafados por las universidades.

2 Greenleaves

Despois do que esta a caer sobre a universidade publica co tema dos masteres eu se fose un de vos empezaria seriamente a preocuparme por tentar elevar o nivel e facer entender que defendedes a universidade publica. Fixosevos moito mal con certo caso e creo que non sodes conscientes. Se o fosedes estariades polo menos asinando manifestos para aclarar que a nosa universidade, perdoade pero para min so hai unha en Galicia, fulxe. E tamen compre que dunha vez expoñades o que e vox populi: a maioria do alumnado ten lagoas que nin dez anis de universidade cubririan. E o fallo non e tanto a secundaria como a primaria. Non se pode consentir que un alumno salla desta etapa sen saber ler un texto e entendelo. Por que non se fan publicos estudos sobre esta etapa que e onde nace o fracaso escolar?

7 Catabois

Gallaecianonfulgetparanada ten toda a razón. Vou engadir algo máis: o pouco tempo que os rapaces estaban desconectados de tablets e móbiles era as horas de clase pola mañá nos colexios e institutos. Agora xa nin iso, co lixo de Edixgal pretenden conectalos toda a mañá, será para facer cegatos, e todas as enfermidades que están aparecendo con forza ultimamente (déficit de atención...etc). Son incapaces de ler máis de cinco liñas. Xa non son capaces nin de manter a atención en algo visualmque dure máis de 10 minutos.

6 Gallaecianonfulgetparanada

Por que experiencias de éxito, pero non vistosas non son "dignas" de xornadas así? E non falemos xa de certos programas dos que di esta persoa, malia estar ben informada, nunca escoitou falar para tentar solicitar para o seu centro... Creo que ata os programas """" experimentais""""" se deben publicitar. En fin, este é un exemplo do moito que cómpre mellorar no ensino galego e de coma o autobombo pode enganar a moitos (co compracemento de partidos e sindicatos de esquerda). Pouco que dicir. Este país non dá para máis. E se é preciso sobre isto falarase fóra de Galicia. Agardo que non sexa preciso, pero se é necesario así será... Os galegos temos moitos coñecidos en moitas partes... Especialmente os de aldea. Pero, por favor, é que non podedes ter coma asesor a alguén que se entere coma Celso Currás.

5 Gallaecianonfulgetparanada

Se Galicia obtén bos resultados nas probas PISA non é por eses proxectiños vosos. Sexamos claros e claras. Así non é. Estades queimando a moitos profesionais tratándoos de demodé. Ler é ler. E non hai máis. E un tema que me preocupa coma familiar de alumnado e se é preciso non me limitarei a este foro. Irei onde sexa e pedirei explicacións aquí e fóra. En verdade, dicíame esta persoa teño asistido a todo (incluídas gabanzas pro Beiras cando comezaban as Mareas, que esta persoa, malia votar a este señor, consideraba extemporáneas) pero esta desmesura no uso das novas tecnoloxías e o autobombo realmente resúltanlle magoantes, porque sabe do difícil que é o ensino diario. Resumo: para asesorar ao profesorado precísase ser profesorado e non pasar anos alleos ás aulas. A ver para escoitar autobombo e autobombeiros diversos mellor queda na casa. Non é a única que pensa así. Cómpre mudar.

4 Gallaecianonfulgetparanada

Creo realmente que na Consellería hai persoas que son ou deberían ser consciente de que a mellora nas probas PISA non depende de uns programiñas sobre programación (por certo hai moitos centros que imparten esta materia transversalmente) ou novas tecnoloxías. A persoa que mo comentou lamentaba moito terse dedicado a unha profesión que ama e na que non obtén ningún recoñecemento por non entrar dentro das "actuacións previstas". Triste. Estades queimando a moitos profesionais facéndoos sentir mal en encontros que pouco teñen de encontros. Sei que na Consellería hai persoas que viven no mundo real e agardo que se recapacite sobre esta situación.