Temas: NARóN

As gaivotas, un perigo para a poboación de Narón

Piden que se controle o seu número para evitar que invadan zonas urbanas e poidan causar algún perigo grave.

Por Galicia Confidencial | Narón | 23/04/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Esquerda Unida quere que se lle poña couto ás gaivotas en Narón, unha especie que comeza a ser xa un problema nas zonas urbanas do concello. Por iso, pide un plan para erradicala aproveitando que os traballos de retirada das zonas de cría teñen lugar dende maio ata o verán.

Neste sentido, solicita ao concello que poña as "medidas axeitadas non lesivas", evitando métodos como lazos ou tanzas para o control desta ou outras especies, así como medidas complementarias para non facilitar o seu acceso ao lixo. Deste xeito, reclama á veciñanza que non deixe as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fora necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. "Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación donde as consecuencias orixinan as queixas dos veciños", indica nun comunicado.

"DIMINUIR" A POBOACIÓN URBANA

O seu obxectivo é diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais, ademais de minimizar no posible as molestias que estas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.

Traballos semellantes xa deron os seus froitos en Ferrol, cunha reducción da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos. As técnicas para poñer coto a estas plagas son moitas e variadas, aínque todo depende da especie e do presuposto. "O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control detallado da poboación", indica esta formación.

Gaivota patiamarela nun tellado
Gaivota patiamarela nun tellado | Fonte: medioambiente.gijon.es

Temas: NARóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta