Temas: XUSTIZA FOLGA

Os procuradores "sofren moito" as consecuenicas da folga na xustiza

O Colexio de Procuradores de Santiago exime aos seus colexiados do pago da cota de abril polo "dano" da folga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2018 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O Colexio de Procuradores de Santiago decidiu eximir aos seus colexiados do pago da cota fixa do mes de abril polo "importante dano económico" derivado da folga que rexistra a xustiza galega desde o pasado día 7 de febreiro.

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia
Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

Nun comunicado remitido aos medios este luns, o decano dos procuradores da capital galega, Fernando González Concheiro asegura que os procuradores "sofren moito" as consecuencias deste paro polo que a xunta de goberno do colexio aprobou de forma unánime esta medida.

Segundo explicou, máis de 100 profesionais están colexiados actualmente en Santiago e realizan cada día o seu traballo nos xulgados. "Está todo paralizado pola folga, non hai apenas actividade e o prexuízo para os despachos é moi grande", apuntou o decano.

Así, lembra que unha situación deste tipo "sempre ten consecuencias e danos colaterais", polo que lle pide ás partes "diálogo" e que se "chegue a un punto de encontro". "Porque a folga se prolongou en exceso e os profesionais vinculados á actividade xudicial estamos a atravesar moitas dificultades", engade o decano.

Por último, incide en que os procuradores composteláns, do mesmo xeito que outros colectivos do sector, "anhelan un acordo rápido polo ben de todos". "O paro afecta á cidadanía e a un elevado número de profesionais", apuntou.

Temas: XUSTIZA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta